ARTE ET ALIA.
El artículo en La Región, 14 de diciembre
XABIER LIMIA DE GARDÓN
Hai unha canseira nesta tipoloxía de eventos en moitos dos artistas dos arredores, mais que evidente nos derradeiros anos, nos que a crise apreta con especial incidencia aos sectores febles do entramado económico e social, no que está o cultural. Dende as dificultades propias do traballo, inherentes ao valor/prezo das obras, das que dependen para o seu vivir cotiá, e que moven nos circuitos de marchantes, galerías e afeccionados, que as insiren no mercado. A venda con fins benéficos, ou aínda peor, as poxas, reflicten un altruismo que están lonxe de sentir, polo dobre gume que equipara presenza como prestixio (?). Mais este mercadeo afoga o valor intrínseco de seu cos baixos prezos.
No cumio da cotización da mostra, están S. Rivas, Leiro, Romar, Antón Pulido, Xosé Cid, José Mª Barreiro, Miguel Karballo, Baldomero Moreiras, Moldes, Xurxo Oro e Xosé Rivada, quenes presentan obra para a venda de máis de mil euros. Catro deles son escultores, e nese feixe están algúns dos máis salientables creadores da terra. Por elo a mayoría deles están na fachada ou cabeceira da exposición, á entrada.
No outro espectro do arco da vella áchanse Javier Varela, Poldras, Lorenzo, Vilamoure, Seoane, Riomao, Torres, Dieste, Eduardo Núñez, Costa e Santi Barreiros ou Moxón: todos eles achegan obras polas que taxan entre cen e douscentos euros. Hai pintores e escultores, mais tamén gravadores.

A obra de Moreiras no frontis da colectiva... |

Xosé Rivada ante a súa obra, no día que visitei a mostra. |
A emoción dende a sensibilidade, coa natureza na base, máis alá da cuantía económica nunha chea deles. Así a escultura-árbore de Xurxo, a 'Delia', muller de raiceiras e melena ao vento do Moxón, o evocador palimpsesto de Baldo Ramos, con grafías diversas, a foto 'Kazanzakis' de Santi, esas berenxenas de Leandro e a carón deste obra unhas ondas de acaído efecto volumétrico de Rivada, esculto-pintor. A delicada noite chumba de Nito Contreras a elegancia extrema na 'cabeza de Afrodita' que trae Xosé Cid, e do outro lado da sala a cabeza deitada dunha moza de Guizamonde, terracota con efectos cromáticos de Acisclo. O soño de Sula Repani, e as sabas brancas de Ofelia Cardo abren mundos...
Manolo Figueiras, o coordinador de Ourense da Expo ‘Arte e solidariedade’ do Proxecto-Home/ Galicia, no seu XXV cabodano, acompañáse de Moldes e Patiño, pois todos viven nas inmediacións da costa pontevedresa.
OUTRAS COLECTIVAS
A manifestación de entrega dos artistas xa está probada, nesta mostra oficial, e noutras máis modestas, feitas na nosa cidade, e provincia, en moitos anos. Os límites dos artistas están á vista. Hai alternativa nun mercado eventual, dende a caridade na conducta a salientar, e con acaídas doacións. Así non deberían faltar electrodomésticos, pequenos e grandes, reloxios, zapatos e aquipamento deportivo, lentes de sol ou vales para as outras, mobles, mantas e colchóns, xogos para cativos e grandes, obxectos decorativos, espellos, foulares e pañoletas... Moitos poderían ser doazón dos ‘representantes’ económicos empresariais e políticos, que andan da man, como é coñecido; e non deben esquencerse outros eidos, caso do relixioso e tamén o militar... Dende o compartir dos que teñen máis, dos que gañan máis. Os negocios e as figuras das élites locais.
A expo foi nas salas do Municipal |

No hay comentarios:
Publicar un comentario