lunes, 30 de noviembre de 2015

Acisclo no Museo


Fai uns días, pola tardiña, Acisclo, converteuse de súpeto, de xeito consciente, nun artista de museo. Así unha das súas obras dos primeiros tempos, forma feminina nunha pequena trabe lixeiramente curva, cal cómo os marfís medievais nos que se traballaron as Virxes co Neno. Como nelas, esa muller de Manzano Freire emerxe, con faciana acaída, e man poderosa, do lápiz de vermella cor aínda visible nos lados virxes da madeira, e as pegadas das gubias na superficie, renegrida polo lume, que lle dan expresividade e singularidade nesta altura. Esta obra de xuventude (1959, 1.51 cm), realizada nos anos anteriores á fase de eclosión co ‘Volter / Artistiñas’ ascende a ‘peza do mes’. A escultura sae así das catacumbas do Mº Arqueolóxico á luz da Escolma de Escultura sita na capela da V.O.T. do convento de San Francisco.


Ficha:
'A DONA DO MUSEO' (sic). ACISCLO MANZANO
Número de rexistro: CE004871. DImensións: 151 x 20,5 x 15 cm.
Data: Ourense, 1959
Presenta María del Pilar Núñez Sánchez


A nosa foto pasou á web de 'Ourense, Tempo de Lecer', como súa...  Gusto de telos axudado (Raquel Feijoo, Eliaz), máis é preciso que procuremos dicir a autoría...
Director do 'Mº arqueolóxico provincial', presentadora e Acisclo.
 A sombra do fotógrafo é de Miguel Villar, da Voz de Galicia.
Xa no remate da presentación Acisclo, que estaba entre nós, agradeceu a
documentada intervención

E xa de despedida, unha foto de ferfís, cos protagonistas... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario