lunes, 29 de septiembre de 2014

Baixo as parras do viño

A vendima estase a rematar estes días en Ourense. Seica de menor volume que outros anos mais imaxino que non faltará... (ademáis hai excedentes pasados).

Tacuinum sanitatis, f. 52v.
Engado dúas escenas con parras ubérrimas en crave política: escena da XVIIIª dinastía, tumba de Najt, Tebas; e Líderes protestantes da Liga Esmalkalda, 1531 (que defendía os dereitos dos protestantes luteranos fronte dos católicos).




Iste famoso relevo da Arte Asiri amosa o episodio no que Assur bani pal e maila súa esposa celebran a vitoria contra o reino de Elam, sentados case en igualdade de condicións mentres beben unha copa de viño (Século VII a.C. Museo Británico, Londres). A cabeza do rei colga da palmeira, fora da parra...

El banquete bajo la parra.
***

Na tumba do noble Sennefer, no antigo Luxor do Imperio Exipcio o teito é unha parra ubérrima tamén.



E na Arte Barroca patria, nas columnas salomónicas á carón dos sagrarios...

José de Churriguera, 1693: Convento de San Esteban, Salamanca.

***


Libro de Horas de EnriqueVIII,  f.5r.
Porque é no mes de setembro cando se adoita facelo viño. Na reproducción ut supra vemos ás mulleres nas viñas baixas, recolléndo a uva sentadas. Logo ven a tarefa dos homes que as transportan e pisan. Mais na primeira deste pots o home vendima e a muller transporta... sendo pois outro o significado. O primeiro é máis realista, e o segundo é xa máis alegórico, relativo á saúde. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario