Afonso Vázquez-Monxardín publica hoxe un dos seus artigos semanais, dedicado á exposición de Antón Pulido en Pontevedra con interesantes suxestións, que vos ofrezo glosándoo unha miga. Mágoa que non puidésemos ir á palestra o pasado xoves: ámbolos dous, xuntos, no seu bus daríamos conta...
"De estarmos nos anos vinte ou inicios dos trinta, seguramente as institucións de Ourense fretaban un tren para que os veciños da cidade e provincia se achegasen a Pontevedra a ver a síntese da produción dos últimos anos, 40 obras, que Antón Pulido ten colgada no edificio sexto do Museo de Pontevedra, non lonxe do vello da Praza da Leña, baixo o festivo título de 'Kermesse', festa no turreiro por tradución libre da lingua flamenga".
Logo continúa a ponderar o que deron de si os actos de irmandade, dende a disculpa para inicialos con festa: 'unha kermesse de palabras e música..., e dedicábaselle unha rúa ou praza á cidade dos visitantes. '. Daquela (1934), engade, 'son a Avenida de Pontevedra e a Praza de Vigo na cidade das Burgas, e nesas cidades...'.
Antón Pulido é de Bóveda-Amoeiro / Ourense, mais vive en Vigo, como moitos ourensáns: alí leva máis de trinta anos, e vive a gusto... porque esta é a súa terra, a que vive e ama. Fai un lustro foi nomeado 'Fillo predilecto' do seu concello natal, motivo para achegarse á lentura das terras petruciais.
"É, tamén, un grande predicador da ourensanía e integrante dese colectivo amable de saudosos amigos ourensáns asentados en Vigo. Efectivamente, a súa presenza, abondosa, xenerosa, diriamos abacial, impresiona, e o seu sorriso, a súa bonhomía, como os do Daniel, cautivan. E esa personalidade expansiva, correspóndese cunha pintura de grandes formatos que exhala intensidade, vida, frescura, paixón e cuxas novedosas aproximacións cromáticas e creacións liñais, ubicadas neses espazos-partitura dos seus lenzos, son auténtica música e goce para os sentidos (...)."
Para finalizar con unha rexesta de honra: 'Esta kermesse de que falamos hoxe, preséntasenos xa coas gabanzas públicas na prensa de Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Méndez Ferrín, Salvador García-Bodaño, Manolo Bragado, Antón Castro, Mecedes Rozas e un longo número de xornalistas, críticos, amigos, nada fáciles de xuntar. '.
E unha recomendación, que suscribimos: 'Pero mellor que nada é que vaian vostedes alá e a vexan. Hanmo agradecer e hano disfrutar.'
Porque se pode loar a un grande artista tamén do día dos Santos Inocentes, mundo mental de creación no que vive Antón dende a súa xubilación. Aínda que non todos amen a Igor Stravinsky. Mais os tempos son chegados !!!
Obra que serviu de portada do catálogo |

Porque artista vive, convive e comparte 'festa no turreiro' (Monxardín trad.). |
[Ata o 12 de xaneiro, martes a sábado de 10 a 21; domingos e festivos de 11 a 14.
Aquí o podedes ler completo: Hoxe en La Región]
No hay comentarios:
Publicar un comentario