Dende un punto de vista eis a recuperación dun espacio de servizo eclesial do antigo mosteiro bieito (máis de 39.000 euros).
Pero tamén algo máis.
Na nova sala loce o mobiliario ad hoc e un dos antigos armarios 'de anticuario' que aquí había. A
sesión anual de onte era especial tamén por ser o día no que se cumprían 1404 anos do nacemento de San Rosendo, fundador de Celanova e Bispo (unha data moi sinalada tamén para outros que cumprimos anos neste entorno).
Decoran as paredes cadros do artista José Antonio Ocaña Martínez (membro da Academia) e de Queralt Blanch - a muller deste é prima do cura de Celanova, quen é membro dela tamén
(ut supra na foto de La Región) -.
|
J.A. Ocaña Martínez: 'Evocación ante S Miguel de Celanova' (Rudesindus), 2010 |
Na reunión tamén se fallou por vez primeira o "
Premio de Investigación Manuel Iglesias", ó que non se presentaron traballos, polo que decidiron concederllo por méritos ó monxe cisterciense de Oseira,
Frei Mª Damián Yáñez Neira, zamorano de Morales del Rey (12.Decembro.1916) que leva dende os difíciles anos cincuenta na hoxe Abadía. Ten contribuído decisivamente a recuperar libros para as bibliotecas do complexo monástico e tamén documentos para o arquivo. Ten levado a cabo ademais unha grande labor como historiador afeccionado no eido intelectual monástico, principalmente. Este mérito é destacado pola Academia ("
la labor de investigación que hizo").
|
Fr. Damián facendo que escribe nun libro (web do MºOseira) |
Noraboa a este nonaxenario monxe, co que temos compartido libros e coñecementos ó calor da amizade ó redor de Oseira e Cea e, dun tempo a esta parte, no '
Grupo Francisco de Moure', no que estudamos a arte de Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario