"Ouh Breogan, escoita ! Son Ith, o teu fillo amado que quere falarche dun sobranceiro acontecemento na vella Auria. Aquí, na banda norte do Miño –o gran camiño de auga da túa terra-, no lugar do Ribeiriño, e algo máis arriba dos salutíferos mananciais das Caldas e do Tinteiro, tes dende hoxe a túa harpa de sete cores para que poidas voltar ó teu fogar. Baixa, amado Pai por este novo Arco dos Tempos e camiña de contado polos campos húmidos e verdes de Augasquentes.
Toño Monteiro é quen o fixo, colocando dúas parellas de espilidos fillos da túa grei ós lados que che dan a benvida. Tocado polo estro harmónico este visionario home do século XXI é o Lobito de Ganceiros, escultor do cerne dos bosques dos Oestrimnios. Il ideou este inxenio de luces e cores para o teu regalo.
Ven, Pai, e inaugura coa túa presenza os nosos tempos. Vagalume original, abre a Porta Oestrimnia instalada neste extremo da túa antiga nazón. O bardo ossiánico Pondal puxo verbas ó sentimento inmorrente das xentes que devalan polas augas do Limia, que se fai Lima contra o mar. Toño Monteiro de Ganceiros sabedor delo fixoo presente co nivelínico raio transparente un prácido luar".
[texto enviado al autor para el tríptico ad hoc editado polo Concello de Ourense con motivo de la inauguración]
[texto enviado al autor para el tríptico ad hoc editado polo Concello de Ourense con motivo de la inauguración]
No hay comentarios:
Publicar un comentario