O poeta Luís González Tosar, presidente da Fundación da Insua dos Poetas, coa súa directiva -na que están o pintor Antón Pulido, e o poeta Víctor Campio, entre outros-, que convocaron e participaron na xornada festiva de onte se equivocaron ao darlle máis protagonismo á sociedade civil diante dos invitados políticos e culturais que aos poetas e ao seu canto.
Nunha primeira parte tediosa e autocomplacinte, baixo o poderoso calor de verán, aquel artista leu a acta dos 'Premios Sete Carballas' (acuarela e carpeta especial do pintor Nicolás -González Aller-) antes da súa entrega con demasiado protagonismo en detrimento da Palabra Poética, que deixaron para o final -ao pé do monumento, e sen micrófono: imperdoable esvarón-, estando diante do Presidente da RAG, quen aproveitou o esceario en demasía... A modo de suxestión: abondaría que un dos premiados tomase a palabra no nome de todos (coa necesaria contención).

| Víctor Campio inicia a declamación para á inmensa minoría que atendíamos |
Por mais que se debería refugar dende a Fundación os excesos, e desmentir o infundio, pois non estiveron (Antón Lamazares, Manuel Rivas,Vidal Souto, Alexandre, Acisclo Manzano, Rubén Riós), o que é malo para a Fundación, e para os que estiveron/estivemos, mais tamén para eles mesmos pois son obxecto de manipulación. Así se divulgou hoxe dende Xunta.es e Xornaldiario.com, e algún corifeo máis. As fotos -e o facebook da Fundación-Insua-dos-Poetas- o amosan...
| e Salvador García-Bodaño pechou o máxico momento ! |
Este, poeta e académico da lingua galega, ben de recibir no pasado mes de xuño VIº Premio "Voz de Liberdade", promovido polo Centro PEN Galicia.
| Con Xosé Cid e Felipe Ferreiro no xantar... |
| e Miguel Anxo Fernández, compañeiro de mesa, a punto de bicar a tallada. |
| e Xulio Gil que posou (sic) cando marchabamos |
Foi o mantedor dende o escenario, afastado dos poetas, D. Xesús Alonso Montero. Houbo música, magnífica e escasa, do Grupo Tradicional Laghareu. Na inaugación o escultor puxo a súa firma nunha performance definitoria do seu carácter. No remate, Tosar insistiu en darme como a outros unha cunca de madeira, e a edición da Obra poética e teolóxica de Faustino Rey Romero (de X. Ricardo Losada). Os versos de Rosalía, Curros e Pondal quedaron ao pé do monumento con sabor a Brancusi (columna infinda), máis tamén a dinamo, e aire á V. Tatlin (3ª Internacional), e nunca realizado...
![]() |
| Sete cargos institucionais e o novo Pte. da R.A.G, atenden á voz e a palabra de Victor Campio. Xulio Gil traballa no seu (eu estou a facer tamén rexistro, para o arquivo visual). |