Mostrando entradas con la etiqueta Isaac Díaz Pardo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Isaac Díaz Pardo. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de abril de 2016

A fronteira infinda de Arte Galega (1)


Xabier Limia de Gardón. 
O artigo no diario de Ourense La Región
Arte et alia.

Mireya Dieste, 1943: Colmeiro.
Abanca e Afundación foron xuntando un gran patrimonio de pintura cando señoreaban co nome de Caixas o espazo galego e, con liñas de valor postas nos artistas plásticos da terra, foron chamando cara un sentimento de raiceira, que se pode sentir cando entramos na exposición dos artistas galegos que emigraron. O que vemos na sala da entidade crediticia galega reflicte unha gran carga emocional se pensamos nos artistas. Nados nas terras do Antigo Reino, os máis vellos entre eles a fins do século XIX, deron coas súas vidas, e ósos, polos países de Europa e América. Botados, viviron neles por tempos infindos e mesmo morreron alí, fóra...

Na presentación para as autoridades e prensa X.C. Bernárdez explica diante dalgunha das obras da primeira sala.

Amaron a Galicia, aquí, dende as súas terras e xentes, comeron e durmiron nela, e cando tiveron que vivir lonxe entraron en simbiose coas novas realidades, e afixéronse cos mundos onde deron a vivir coa súa arte. Algúns exemplos están ante os nosos ollos neste regalo para a historia da arte que Xosé Carlos L. Bernárdez comisaría.

Obra de Isaac Díaz Pardo
Obra de Manuel Pailós. Foi ademáis escultor e ceramista, en Uruguay
(1914, Corme-Porto/Ponteceso, A Coruña-2004, Uruguay)
Con importancia de evento singular foi presentada o pasado mes polo presidente de Afundación e director xeral, co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta, o alcalde de Ourense, e cargos de representación como o secretario xeral de Cultura, o director territorial de Abanca ou a delegada territorial da Xunta en Ourense, acompañados dunha elixida presenza de cargos bancarios e políticos. O selectivo da inauguración, un mariage en petit comité, fala da súa importancia dende varios puntos de vista, como variadas son as achegas plásticas (por máis que no folleto debería estar a lista). Estas veñen explicadas con pedagoxía por Bernárdez dende os fondos daquelas entidades crediticias para contar a historia coas obras dos artistas, a meirande parte delas pintadas lonxe de Galicia. Partindo de Castelao, a emigración; os artistas exiliados en América fuxindo da guerra civil e o réxime ditatorial de Franco; e as novas xeracións que se foron cara Madrid, o centro do novo estado centralista. A fronteira infinda, título dun dos libros de Celso Emilio Ferreiro, que estivo no exilio en Venezuela, son 20 artistas escolmados e 45 obras, para facer segundo o comisario ‘un retrato non feito’ da emigración galega.

Obra de Mario Granell, 1957.
Una de las dos obras expuestas de Maruja Mallo, 1950-55.
Ángel Botello Barros, Cangas do Morrazo, 1913 
/ San Juan, Puerto Rico, 1986: Flores, 1976.

sábado, 4 de enero de 2014

Segundo Cabodano Isaac Díaz Pardo



Mañá 5 de xaneiro é o 2º cabodano dun dos galegos que máis fixo para sermos máis nós: 
ISAAC DÍAZ PARDO.

            Prepárase una "Homenaxe cívica" ás 12,30 h., no cemiterio compostelán de Boisaca



Tomado da web do mestre cofundador de Sargadelos... (para cándo estas mensaxes en galego???)

sábado, 23 de marzo de 2013

Monográfico de Raigame para Díaz Pardo


A Deputación de Ourense presentou o número 37 de Raigame, na que colaboro, desta volta de novo. A Revista de Arte, Cultura e Tradición Popular que aquela edita está dedicada a Isaac Díaz Pardo, figura relevante e sobranceira da cultura e artes de Galicia, un xeito de conmemorar dende ela -ten unha periodicidada bimestral- o seu falecemento fixo en xaneiro un ano.

A flanquean os políticos dostendo o traballo... 

No acto, o presidente provincial, José Manuel Baltar, louvouno sinalando como "dedicou a súa vida a traballar a prol de Galicia (...) sendo un galeguista militante, dentro e fóra da nosa terra, espallando as inquedanzas culturais do pais aló onde a súa prolífica vida profesional e artística o levou".

A directora da revista Mariló Fdez. Senra, sinalou que os textos son de Emilio Rdez. Portabales ('Camilo Díaz Baliño e o coro de Ruada').

Xosé Ramón Fandiño que trata a súa cronología, que ademáis comenta en "Os ángulos da luz e da memoria".
Felipe Senén: "As industrias da memoria".
Silvia Longueira: "Isaac Díaz Pardo + Luís Seoane, unha coincidencia inevitable" e o celebrado escritor Xosé Neira Vilas: "Con Isaac Díaz Pardo en Buenos Aires", rematando coas "Palabras" que pronuncióu no cemiterio santiagués de Boisaca o 6 de xaneiro de 2012, cando foi sotrerrado o ilustre galeguista.

Pola nosa banda fixemos un a modo de ensaio
dende a arte, buscando relacións entre as súa pinturas con figuras espidas e o tempo da Ditadura. O seu título é "O que revela o espido na pintura de Díaz Pardo (evidencia dun sentir nos tempos do franquismo)".


sábado, 5 de enero de 2013

Isaac -o grande- Díaz Pardo: o novo Rei Mago

É Cabodano.
Fai un ano que finou, no día da noite dos sonos dos Reises...



Son os Magos que segundo o Evanxeo de San Mateo levaron cadanseu obsequio ó Neno seguindo unha estrela...,
e aínda que nestas ilustracións non haxa Neno, e tampouco estrela -e ademais os tres homes cambian de rostro e vestidos-, poden de servir como introducción deste post en lembranza de Isaac Díaz Pardo, que para nós



pode se considerado como o novo Rei Mago de Galicia. Por moito, por tanto !



As ilustracións están tiradas dun libro que se fixo coa idea de que os Reis Magos falen este ano no idioma da Terra aos nenos: son 26 ptopostas, tantas como discursos que fixeron diversas escritoras (discrimininación?). Foi unha idea da Rede de Dinamización Lingüística / Xunta de Galicia, editado por Galaxia e enviado a todos os concellos da Rede. 
Pódelo coller de aquí, se o desexas: está en pdf (O libro dos Reis Magos). Un agasallo (de nada).

Tódolos debuxos son da ilustradora Marina Seoane P. (Madrid, 1957)


jueves, 23 de agosto de 2012

"Homenaxe ás xentes do mar", 2008.
Isaac Díaz Pardo deseñou esta escultura para Rianxo co tema das xentes do mar. O sábado día oito de novembro de 2008 foi inaugurada diante do novo Auditorio, logo de que o Concello presidido por Pedro Piñeiro Hermida lle entregase o título de Fillo Adoptivo.
Velaquí o vello mestre diante da maqueta, en Santiago.


Anverso da obra (vide supra), realizada por Francisco Escudero (A Coruña, 1958, 54 anos) en pedra policromada (non vimos a firma nela: na inscripción do pedestal vai o seu nome). Do seu pai é o busto de Castelao que preside o Paseo da Ribeira.

Ámbalas dúas fotos da obra tireinas un día de agosto...

                      
Tan só unha, entre as varias reflexións que emanan da obra: observade o neno que remata a pirámide visual do grupo -coas súas simbólicas cores vermello/sangue/ corazón, verde/terra e auga/ vida- está sobre a unha  figura de costas, a única que non sorrí...



domingo, 26 de febrero de 2012

Isaac Díaz Pardo (returns)

Isaac Díaz Pardo fíxose presente na inauguración. No posado a viuva, e Xosé, un dos seus fillos...

 
Para a exposición xuntáronse trinta e cinco obras, que foron da Fundación Caixa Galicia e da Obra Social de Caixanova (agora  Novagalicia Banco e Fundación Novacaixagalicia (?!).

O santiagués Isaac Díaz Pardo foi a Madrid para aprender en Bellas Artes na durísima (e amplísima) postguerra franquista (licenciado en 1941). Nos anos a seguir firma La barca de Caronte, El juicio de Salomón e Las tres gracias, emanación dende a mitoloxía e da relixión católica. Logo vai para Sada (Castro de Samoedo) a traballar, pintando retratos e Os afogados, fase xa dun verismo / realismo. A mudanza ideolóxica e o afastamento de España fará que en Buenos Aires (Magdalena), "huyendo de la Galicia pequeña, triste e asfixiante de los años cincuenta”, segundo o seu fillo Xosé Díaz.
Instantánea na exposición de A Coruña




Aquí muda o seu xeito de concibir a arte, pintando a “señores y señoras enriquecidos” quitándolles “los cuartos y las arrugas”, polo que deixa o cursus honorum (en torno a 1948, mais seguindo a nivel privado..., que abandona ca. anos setenta).


Nunca deixaría de ser artista, máis xa de debuxos e portadas de libros... 
E logo está Sargadelos. Máis esta é outra historia...
Isaac-Hamlet de Sargadelos, por Jaime Asensi na Rev.Galegos.
Alberto Núñez Feijóo, dixo na súa homenaxe no Gai ás que é "un referente para construir o futuro" e un exempro dunha vida adicada "a un compromiso chamado Galicia".


Susana Seivane e un amigo, facendo soar ó Himno no Auditorio CdC, 8.II.12 (via atlántico.net)

viernes, 6 de enero de 2012

A ESTRELA SIGUE A BRILAR


Isaac Díaz con 78 anos, dende as máns e os ollos de Antón Pulido

                                               "Prendinlle na cabeza do meu fillo
                                                 unha estreliña forxada na irmandá
                                                 e quero ver brilar a lus d'esa estreliña
                                                 hasta chegar cegar.


                                                 Que vexan os demais nesa estreliña
                                                  a lus da libertá,
                                                  que vexan que o tesouro máis querido
                                                  o ten o seu brilar.


                                                  Estreliña feituca de cariños,
                                                  estrela do meu lar,
                                                  que sempre te leve como reliquia
                                                  de Terra, Dios e Nai,
                                                  xa te deixo prendida no meu fillo
                                                  por sempre endexamais"

                                          Camilo Díaz Baliño, para o seu fillo Isaac, agosto de 1936.

A estrela brila no máis outo da Revista Nós (1920/1936).
Xa Vicente Risco no nº terceiro da Revista Nós, -30 Decembre 1920- pubrica o artigo "Galizia céltiga" encabezado polo debuxo dun trilito megalítico con unha estrela encima. O deseño repetirao no seguinte nº, onde continúa o artigo. Será unha idea recurrente no ámeto do galeguismo derivado das Irmandades.


Eis a estrela no escudo histórico de Compostela (e tamén a que guiou os Magos, vide infra S. Apolinar nuevo)

O poema é reproducido hoxe polo profesor Afonso Vázquez-Monxardín, en La Región, nun fermoso artigo dedicado a Isaac Díaz Pardo. Antón Pulido, artista -e tamén profesor- me achega oportuna e amablemente a súa obra. Na que salientamos a forza dos seus ollos, inquedos...

jueves, 5 de enero de 2012

Isaac Díaz Pardo: un apuntamento

No día da súa morte (qué bendición ter compartido este tempo, dende os setenta en Santiago, e non fai tanto nun acto no salón do Simeón onde con señorío de seu agardou o retraso do poeta amigo seu que non acabada de chegar).

A barca de Caronte, 1955
Cando na inauguración da súa penúltima exposición, o 14 de Abril de 2010 -significado día para o vello galeguista republicano-, “Xentes pinturas e tintas de Díaz Pardo”, que se exhibiu na Galería José Lorenzo na praza do Toural en Compostela, dixo: “Eu agora son un ninguén”.

Concerto de zanfoña, 1946
O pouco foi inaugurada na Casa da Parra de Santiago outra nova exposición, “Pinturas e Fracasos” que, dalgún xeito, o homenaxeaba...

Recollendo mortos, 1955
Pintor (ata comezos dos anos setenta), escritor de ensaios e artigos nos xornais, impulsor do Laboratorio de Formas de Sargadelos -icono de calidade de Galicia, e de compromiso creativo empresarial- con Luís Seoane, debuxante, un intelectual e galeguista histórico. 


A finais de 2008 cando o fixeran fillo adoptivo de Rianxo anunciouse que a Fundación Seminario de Estudos Galegos custodiaría o seu legado, velando pola súa divulgación. E no Gaiás os documentos do Instituto Galego de Información: papeis do Goberno galego, correspondencias cos expatriados e manuscritos.

No Parlamento Galego, teñen os parlamentarios, diante deles un vitral seu. Que dende agora cada vez que levanten a vista se decaten da importancia deste patriota galego que hoxe morreu.