Mostrando entradas con la etiqueta Ruth Noemí Lodeiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ruth Noemí Lodeiro. Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de marzo de 2018

PENÉLOPE QUERE FALAR, segundo Ruth Lodeiro

ARTE ET ALIA

XABIER LIMIA DE GARDÓN


Euriclea, a vella ama de cría de Ulises, é quen de recoñecelo logo de vinte anos cando chega a Ítaca. E tamén o seu can Argos, que morre logo de menealo rabo... Aquilo semella posible, mais o do velliño can non tanto. A Raíña Penélope resístese a pensar que o seu home está morto e, cal viúva de náufrago, incrédula pola súa sorte, agarda anos por el... Mais debe ter consorte. Cando Anticlea, a nai de Ulises, morre, da en tecer a mortalla de Laertes, e argalla o plan alternativo, destecendo pola noite o que fai no día. Así ata que Homero decide que abonda. Este crea a Penélope en contraposición a Ulises, é dicir, a muller que agarda, casta e fiel, un concepto patriarcal que o romanticismo espallou... Xaora é o tempo da construción feminina da propia historia, intelixencia e independencia. Mais, porque ela lémbrao, Ulises retorna.


O tecido como texto en R. Lodeiro, e este faise entretecendo texto e obra (S. Penalta), que diría Barthes. A súa pasividade dende o tear é convertida en actividade nas mans de Sonia Delaunay. A heroína grega con razón tece e destece a mortalla, para vencer á Parca, pois sabe que Ulises / Odiseo está vivo. Tecer é morrer, o caos, e destecer anular o tempo, e voltar así ás orixes...


Ojos velados, 2016.


A artista viguesa Ruth Lodeiro traballa coa cerámica como praxe, que complementa coa súa palabra escrita en forma de poesía en castelán, e verso libre. Fai pezas finas cal láminas de onduladas patacas, de diferentes tamaños e cores, xuntándoas cun cordón de cor, ou arame, formando suxestivos conxuntos. Son obras fráxiles, para pendurar, ou colocar en pedestais. 



Agua II, 2017.




É a cerámica territorio das mans, e espátulas, que pasan ao forno, e se vitrifican; a man sobre o papel produce a expresión escrita dende.

E o pensamento por tras. 












Coido que soan cando se moven, como as que poñen ante as portas ou fiestras, e que me fai pensar en clave simbólica de nós, a forza dende a delicadeza. A cerámica e a escrita son as dúas follas do seu díptico a cotío. 

Penélope: Crucifixión, 2017.

Ela quere nesta exposición, segundo dixo, reconciliarse cos labores case exclusivos de xénero feminino, tradicións dunha terra. Dende esta base, coida que é un grito reivindicativo aos homes en concreto, e á sociedade en xeral arredor do que é o traballo da muller, e engadiu: ‘xa non chega con recoñecer (o traballo) ás mulleres, hai que implicarse e traballar con elas’. Ou por mellor dicir, hai que facer que elas traballen  en condicións de igualdade cos homes, segundo a valía de cada quen. Un ‘universo o seu, que evidencia os silencios, as veladuras, dúbidas e angustias do mundo feminino como materia e fonte de creación’, baseada nelas, engade Carlos L. Bernárdez, dende o texto do tríptico. Velaquí o que da de si un mito, dende o seu percorrido histórico. 


Son as súas tecedoras de soños con Penélope á fronte, en clave de código co branco triángulo curvilíneo cerámico e a mancha vermella no centro, a forma feminina par excellence versus aquelo do 'interior intimo meo'.


martes, 15 de noviembre de 2016

EHLABA CARBALLO E RUTH LODEIRO TRANSFIGURAN CORES E TERRA


Vista do conxunto coas  obras de ámbalas dúas artistas. Na parte outa o dormitorio co berce familiar

XABIER LIMIA DE GARDÓN.
o texto na web de La Región
ARTE ET ALIA.



Pasado, presente e porvir mestúranse neste mes de Santos no espazo do Museo-taller de olería de Niñodaguia. Oficialmente inaugurado o pasado día cinco polo Presidente da Deputación Xosé Manuel Baltar neste lugar do concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo, e malia o seu interese etnográfico intrínseco, outro é o motivo que nos fixo achegarmos, xa que logo expoñen Ehlaba Carballo de Dios e Ruth Noemí Lodeiro. Por uns días... Elas irradian emoción e sensibilidade, dende súas obras, as pinturas de Ehlaba coa oleiría no centro, e as pezas escultóricas de Ruth con coa cerámica no cerne, como materia expresiva. Xúntanse nesta antiga casa-obradoiro de alfareiro, porque escoitaron falar ás cores e a terra, e o novo museo se enche, que as obras falan.


Ehlaba é desta terra, onde ten casa, pinta e vive, e o seu son óleos, co mundo familiar dos Carballo Conde, o da olaría, que nace nos anos vinte do pasado século. O traballo dende as barreiras dos montes do Balbón, na parroquia de Tioira, onde collían o barro, entre medias escuro e griseiro, que peneiraban e amasaban ata semellar pan, antes de cocelo e fabricar xarros, pucheiras, canibarros e cuncas. O oficio chega a Gabriel e Dolores, e deles aos fillos, Manuel, seu pai, e Gabriel, quen aínda vive. Este é o pai de Loli Carballo Villar, coa que Ehlaba fixo no Castelo de Maceda a exposición ‘30+3’, polo número de olas que facían por día, que as tres restantes eran para as desmermas. Desa xeira son as trinta pinturas da sala principal do Museo. 


As derradeiras tres olas que fixo o seu pai no ano 1993 foron para cadanseu fillo... Outra das obras que está aquí é ‘Noche dorada’, que ten viaxado ata no Xapón.

Na exposición, as obras de Ruth Lodeiro no centro, con 'Corona de ancestros' pendurada; as de Ehlaba, acolledora ela, aos lados...
Ruth Lodeiro trae pezas policromadas, feitas con barro, e outros materiais, cosidas con cordas e fíos de arame, expresando sensacións orgánicas e sentimentos dende o matérico das formas elaboradas. 

Eva-Sherezade II











Son obras ás que reviste de poesía, que a artista fixo Filoloxía en Salamanca. Así en ‘Corona de ancestros’: ‘...restos óseos de la humanidad en la caverna. Vértebras del tiempo que olvido yacerán’. 








Da que pendura no cuarto, ‘Eva-Sherezade II’, escribe: ‘Eva sí. Pecadora sin pecado. Eva-Sherezade mágica. Matriarca del clan con las cuencas desheredadas de creencias. Se compra felicidad: la carne, el coche disfraza, la casa acoge, el arte moldea. Eva transgresora. Eva al fin y al cabo, estaba escrito como se expulsa del paraíso’. 









As outras levan por títulos ‘La paz de los ojos velados’, ‘Babel V. Osario’, ‘Espinazo (alimento del olvido)’ ou ’500 ojos velados’, que semella unha cortina. Na sala Apo’strophe de Vigo amosounas: ‘Materia de barros’. 



Ata aquí chega apoiando a xenerosidade de Ehlaba, á quen se deben tanto as xestións para o acaído cartaz da expo, obra de Alexandre Arte e Deseño, como o dormitorio co berce no propio Museo-taller..., todo para facer medrar a arte no rural con Ruth Noemí nun diálogo co tradicional, a linguaxe culta e a popular nunha transgresora unión.

 Con Ehlaba, no día da visita, entre as obras das dúas artistas...