Mostrando entradas con la etiqueta Acisclo Novo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Acisclo Novo. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de noviembre de 2014

Crean desde la escultura y arquitectura un Parque Infantil con materiales reciclados


El escultor Acisclo Novo y el arquitecto Leonardo Llamas han presentado ayer, con el Taller de Mobiliario Urbano su primer proyecto a partir de materiales reciclados. Arte y diseño industrial conjugados para crear un parque infantil. Siete piezas rescatadas de una nave de la Diputación.

La propuesta fue presentada en el Centro Cultural, y participaron su vicepresidente Rosendo Fernández. el vicerrector del Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez, la concejala de Turismo de O Carballiño, Pilar Caride. El equipo creativo con pajaritas, al igual que se unió el director del Centro Cultural. Son, con aquellos, Marta García, Jorge Estévez, Ana Dorribo, Chus Lamas.


Tras llevarlos al Centro Cultural por la mañana, los traladaron por la tarde al Campus, junto al estanque.






El próximo mes se instalará en O Carballiño, primer destino de este proyecto.  

lunes, 16 de junio de 2014

O que contan os Acisclos

Ambos, nunha pausa da montaxe.
Gran exposición dobre no Centro Cultural para fechar a tempada outono/primavera. Acisclo (Manzano Freire, Ourense, 1940) e Acisclo 'Novo' (Manzano Nogueiras, Ourense, 1970), o seu fillo escultor en dúas exposicións distintas unidas polo vencello do sangue, e algo máis: un impulso paterno restituido coa forza da xuventude filial. E así como nas vidrieiras dalgunhas catedrais góticas medievais os Apóstolos, máis novos, levan sobre as costas ós vellos Profetas, así aquí: o fillo na pranta baixa, o pai enriba... Nas vidreiras se pinta coa cor, a luz, e a fé: tamén aquí. Acisclo de nome, os dous. Escultores, e artistas.
Dama de Viduedo
Torso do Miño
O pai, que anda fai meses de tempada calma, dacabalo entre o ocio creativo e demorados proxectos, como o desta dupla mostra compartida que se foi retrasando. Finalmente, Acisclo senior, ofrece unhas obras gardadas, que o tempo foi seleccionando, de exposicións pasadas, que tiñan acubillo na súa casa de Viduedo, principalmente, fillas todas da súa recoñecible biografía plástica. Agora, cando anda cos pés cansos no camiño da vida dos seus setenta e catro anos, volve a emocionarnos coa contemplación dos seus barros primixenios, cos que vai levantando, en láminas, fragmentos corpóreos femininos, rostros e torsos.


Torso Montealegre
Abelá 2.0
E aparecen ademáis alfombras, colchas e manteis, para cubrir no tempo da senectude camas, pisos e mesas finxidas co seu arte, no que a imaxinación aboia en lóstregos. Ten dito que a súa obra pode concentrarse no tamaño dunha noz, resumo dun periplo que presinte cheo. Mais non!, que as madeiras agardan (comezou en abril a rebaixar un tronco na busca dunha pantasma que lle ronda...).


ACISCLO NOVO

Acisclo junior, o maior dos tres fillos que ten o escultor, é todo impulso, e forza, para expoñer sostendo ó pai, agarimándoo no camiño coa súa macroexposición miscelánea de relatos breves. Unha viaxe, desfrutando do movemento. Síntese en conexión co pai nas ideas, comunicación escultórica ricaz e diferenciada, unha transmisión malia as diferencias conceptuais e xeneracionais. Cada obra súa é un conto, sinala, engadindo que necesita expresar conceptos. Mais esto, en arte, sempre é así, xa que logo varía a forma, dende os materiais. Algunhas son rostros de mulleres en madeira, que talla, as 'Wood girls', inspiradas en figuras concretas, obras que foi engadindo dende a inauguración nunha instalación viva...

Recupera pezas da exposición do pasado outono na galería marimón, ou da colectiva no pasado verán no museo municipal, aínda que as inclúa para outro caso, ou sucedido, reforzando unhas con outras, en adosados tripartitos (como Jacob, ous os poetas, a homenaxe a Pessoa, Van Gogh e Joyce, e á realidade aumentada na pipa, abelá ou pop corn...).As pezas máis rupturistas son o Narciso, co espello no chan baixo os pés no teito e, ó seu carón, o azul Klein rizado, con paletas combadas, tamén ata o máis alto... onde está Acisclo senior! ‘Na einai kalytero anthropo apo ton patera tou’/sé mellor home que teu pai, ou por dicilo doutra forma, coida dos teus. Fóra comeza o verán, un mundo por descobrir para os galeristas, terra incógnita dos seus mapas expositivos mentais...

miércoles, 14 de mayo de 2014

Acisclos (2)

Peza escultórica de cerámica policromada. 'Alfombra'.
Baixo a Silva voadora, e unha talla, Acisclo Novo mira para Eliaz, quen o retrata na presentación.
A boa pipa.
Un dos contos, desta 'Narrativa Breve' by Acis.

lunes, 12 de mayo de 2014

Os Acisclos, no Centro Cultural

Son Acisclo Manzano Freire e Acisclo Novo

A presentación da exposición tivo lugar esta mañá. Un cento de pezas dos dous escultores repártense en dúas salas do Centro Cultural para amosar "o pensamento da escultura transformado en poesía de barro e madeira" (apenas uns rostros, sendo a maioría gres, fibra de vidro, ferro cortén). Estará aberta ata o 29 de xuño. Publicarase o catálogo dela e un vídeo documental sobre os 50 anos de Acisclo Manzano como escultor.


Pai e fillo sentados sobre unha instalación deste: o banco que escoita -ten unha orella-, e Acisclo ó carón...



'Abelá 2.0'
Rostro de Bad girl. 'Lucía' (Ceci n'est pas une sculpture).

Antía, filla e irmá deles, posa na inauguración...

viernes, 29 de noviembre de 2013

Acisclo novo: de 'Fracturas' a 'Entropías'

    Con esta ampla exposición de 'Acisclo Novo' reabre as súas portas esta Galería, logo da ampla paréntese de verán...

A foto-concepto foi reciclada da montaxe da expo colectiva "O gabinete dun afeccionado"
Acisclo Novo tiña exposto fai anos (en Arte Volter, galería xa en stand by) unha obra escultórica, dende a orografía -a única daquela mostra pictórica-, que anticipaba as Entropías e Fracturas nas que se está a mover dende fai nos últimos tempos: 

Dende o bronce ó poliéster o artista ten mudado o seu material.
Posando a carón de 'Entropías', na presentación para a prensa.

Segundo dixo o artista: “el nombre de la exposición hace referencia a la alteración del significado de los objetos, tal y como yo los concibo en la exposición”.
'Las horas', ferro, gres e resina de poliéster son os seus materiais. Virginia Wolf  na suxestión...
'El soñador. Homenaje a F. Pessoa', freixo, eucalipto y acero. Na parede 'Pliegos', poliéster. Todas deste ano.

Ficha da Galería: 'Acisclo Novo (Ourense, 1970). Licenciado en BB.AA., Universitat de Barcelona.

Compagina su actividad artística con trabajos dentro del campo del diseño industrial, prototipos, objetos singulares y construcción efímera.

En la obra presente en la exposición (fotografía, escultura), podemos observar como los objetos pierden su significado inicial y adquieren otro metafórico (...) pueden ser irónicos, poéticos o misteriosos. Hay un juego lingüístico permanente con los títulos de sus obras, a los que suele conceder bastante importancia. En sus trabajos hace intersecciones entre elementos naturales y culturales, dando lugar a una obra apacible [sic] (...).
En sus fotografías realiza intervenciones en espacios naturales, otorgando a los objetos un doble juego interpretativo (...). Las esculturas de pared [sic], pueden recordar a papel arrugados [sic] o quizás a paisajes orográficos (...), haciendo referencia a su amor por la naturaleza, paisaje y geografía (...).'

'La fábula de las abejas' (2).  Dende o deseño industrial, inspírase do que se coce en Barcelona, cidade que visita cada pouco pois alí está a súa primeira compañeira e fillo.

martes, 23 de julio de 2013

Acisclo Novo y Xabier Limia en el 'Gabinete' (by Cid/Seoane)



Na cabeceira están dúas instalacións plásticas ó poético modo, nas que as árbors -a Natureza- ten protagonismo (foto Acisclo Novo/ 'A.C.I.S.', no meu texto)  

A nosa instalación na sala (foto Rosendo Cid) 
Deben destacarse las obras de la cabecera, por su complejidad y lirismo: una es el Libro de Bo, de Omaña/Benéitez (con López Carballo), una instalación que pide que recojamos el libro que calza la mesa, y lo abramos (cfr. o post do 7 deste mes). La otra es la de Acisclo Novo, fotografía de una instalación en la naturaleza, con la escultura de una silla-balancín delante, en equilibrio. A ella le acompaña nuestra aportación -que insertamos en signos matemáticos en la sala-, inspirado en un texto francés decimonónico, y el recuerdo del gran poeta recientemente fallecido Antón Tovar, sentado en San Lázaro. Quizás por ello la silla el artista la denomima ‘Poeta en espera’, a posteriori de su elaboración inicial...


Reproducción do catálogo (foto de Acisclo Novo, o texto noso)
Na foto de Eliaz o día da inauguaración posan Cid (detrás está a súa obra...), que fala para o Alcalde. Aos lados Eva Torres e Ana Garrido, directora e concelleira respectivamente, que levan unha conversa distinta entre elas... 
Como post (del post) el artista bautizando a su hijo pequeño en la iniciática silla el día de la inauguración. Acisclo el patriarca mira la escena tiernamente.

viernes, 31 de agosto de 2012

Desde Acisclo Novo a Kobayashi Issa



                                                     "Sube despacio
                                                       pequeño caracol
                                                     ¡ Estás en el monte Fuji !"

                                                                    Kobayashi Issa
                                                                      (1763-1827)

Semper festina lente by Acisclo Novo, 28 maio 2012.
                                                  (pasando por Anna Gavalda (1970))

                                                    cfr. El consuelo (La Consolante, 2008)
                                                       trad. Isabel González-Gallarza,
                                                       Seix Barral, Barcelona, 2008, 427. 

miércoles, 18 de julio de 2012

Acisclo, luz de Lousado (camiño de Santiago)

A Luz baña ó mestre Acisclo Manzano diante de "Luz na capela" na inauguración oficiosa (12.VII).
Acisclo Manzano: 'Luz na capela'. Eis unha instalación escultórica ideada no seu día (2004) para unha exposición na 'Casa da Parra' (Santiago de Compostela), e agora adaptada -e cambiada- para unha capela decimonónica sen culto do antigo complexo fabril de papel do lugar de Lousado, na parroquia de Sampaio de Loeda (Concello de Piñor). 

As fotos son nosas, o pasado día doce, xoves, excursión in paradiso con Acisclo Novo, seu fillo.

Está clara a alusión xacobípeta no bordón posterior
A empresa do coruñés Antonio Rivero quen en 1836 coa súa dona celanovense Juliana Rodríguez levanta unha fábrica de papel no río Mirela, con unha gran presa e canles ad hoc para ter a forza hidráulica necesaria. Dende fai unhas décadas é propiedade do ex-alcalde de San Cristovo de Cea, José Hipólito Rodríguez Presas, que promove accións culturais nela.
Acisclo senior e Acisclo Novo, conversan na canle da antiga fábrica 


Foi invitado o Conselleiro de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, Dr. Xesús Vázquez Abad, para inaugurala.

Estas foron as súas frases, segundo recollen os xornais:

"a forza e a vixencia das propostas artísticas de Acisclo Manzano e a súa implicación coa nosa terra".

"un dos artistas máis atentos, conscientes e sensibles que temos en Galicia", para "comprender e explicar mediante a materia os símbolos formantes da nosa cultura e identidade" (sic).

Escultor "pero tamén escenógrafo, xerador de espacios habitables e fondamente significativos", que abre os ollos a "unha forma de coñecer distinto, emocional e preciosamente humano" (sic).

E tamén incidiu na importancia de contar con "creadores da forza e vixencia de Acisclo Manzano na nosa terra, en Galicia".

E ademais foi inaugurada unha mostra singular en papel de estraza (Artestraza) nunha das salas da outrora fábrica: o Palleiro. Convocados por Manuel Alfonso Estévez de comisario, os artistas Vidal Souto, Manuel Penín, Xaime Fuentes, Xosé Poldras, Leandro Sánchez, Xosé Vilamoure, Manolo Figueiras, Alejandro Corporale, Tareixa Taboada, Paco Lareo, Xavier de Sousa, José Manuel Vázquez Rivada, César Taboada, Eurico Gonçalves, entre outros como Fernando Blanco, pintor e escultor (que é o arquitecto autor do proxecto), para apoiar un Proxecto solidario dende a plástica para o Síndrome de Down. Se pretende reivindicar deste xeito o Centro de Atención e Talleres nos espazos de Lousado, donados polo seu propietario para un futuro centro da asociación do Down.

As caixas nas que se exhiben son tamén deseño de Fernando Blanco (vide infra unha delas)
Portada do catálogo da Casa da Parra (sendo conselleiro Pérez Varela) coa obra de Acisclo


jueves, 12 de julio de 2012

Unha tallada escultórica á altura dunha gran pulpada



O goberno municipal do Carballiño co gallo da celebración estival no ferragosto da Festa do Pulpo facer algo máis salientable que os predecesores na alcaldía desta volta - a nº 50- ofertando unha escultura que representa unha tallada de pulpo lista para ser degustada: unha obra ideada por Acisclo Novo, un dos emerxentes e máis firmes valores plásticos galegos. Dende Acisclonovo Atelier.


'Apadriña unha tallada' é o nome da campaña coa que pretenden achegarse -dun xeito visual e artístico- ó paradigma gastronómico par excellence da vila e do concello. A obra non chega ós 500 euros. O artista Acisclo Novo sinalou que 'este traballo ten para min un significado especial, xa que está no ADN da vila do Arenteiro'.



Para o Sr. Marnotes, Alcalde do Concello, deste xeito 'o festexo poderá así lembrado durante todo o ano en establecementos comerciais, industriais e hosteleiros, que incluso poden gravar o seu nome nela'.

A tallada é de poliester, sendo o pauciño/garfo de freixo
Acisclo Novo comentou da súa obra que 'simboliza a solidariedade da mesma festa, xa que o xeito de xantar o pulpo cun palillo é o mesmo tratándose dun labrego, un obreiro, un empresario ou un político, é un evento sigularmente democrático'.

Agora falta o pan de Cea e o Viño do Ribeiro ! Qué aproveite !.

sábado, 7 de julio de 2012

El Códice de Acisclo Novo

Porque estamos en un tiempo nuevo post Codex Calixtinus Milladoirus -¡¡¡ en el Camiño pedigri de Santiago desde Padrón / Barca de Pedra !!!-, pasemos página del libro de la vida, y acerquémonos al Códice de Acisclo Novo...

Es Acisclo persona inquieta, imaginativa, expresiva y creativa. Acisclo Manzano jr. -Acisclo Novo para entendernos-, es un joven artista con un punto de madurez post juvenil que ha realizado esta escultura con apariencia de libro hace unos años. De ella me acordado ahora para este post en la semana de Codex Calixtinus et alii (Libro de Horas !, facsímiles de aquel códice a tres mil euros pignorados, et...).

                                        En el aire flota un libro manuscrito de archivo, descuidado, húmedo, al que le han crecido los hongos en el cuero...
                                          Mas el genio del artista ha transformado el libro de archivo manuscrito:
              desde el bronce escultórico, un paisaje montuoso ha crecido -roca y agua, ergo vida- en la cubierta, un concepto expansivo el que viene trabajando el artista desde entonces. 

     Este evocador sujeto artístico está en mi imaginario desde una exposición hace algunas temporadas, en la Galería Volter de Ourense, sobre un pedestal, en el centro, mientras en las paredes el artista presentaba cuadros (Donatello parmi les...!).

                     Es pues, ahora -más aún-, el Códice de Acisclo Novo mi Códice.
    Ah el tiempo!, ese gran constructor, mas también gran destructor (devienen nuevos mitos).