Mostrando entradas con la etiqueta Ínsua dos Poetas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ínsua dos Poetas. Mostrar todas las entradas

domingo, 13 de julio de 2014

Onte na Ínsua dos Poetas, na Esgueva de Madarnás (Carballiño)


Con unha aperta a Antón Pulido na foto final do longo e fermoso acto da VIª Festa da Palabra, posei no grupo. A magnífica foto en semicírculo, desde unha das esculturas de Acisclo Manzano adicadas a Eduardo Blanco Amor, co gallo do 35 aniversario, conmemoración acadada polo Parlamento Galego para este ano (?!), que acada así acendrada  expresión na 'Ínsua dos Poetas' de Luis G. Tosar, en A Esgueva, parroquia de Madarnás (concello O Carballiño). O acto, facendo gala do nome que leva, comezou a medio día e rematou... pasadas as dúas e media. Logo pasamos a unha carpa onde tivo lugar un xantar de fraternidade.

Antes, o remate final foi a inauguración do conxunto escultórico conmemorativo do escritor homenaxeado Eduardo Blanco Amor. Descubríuse unha placa, cuberta polas bandeiras de Galicia e Ourense, e textos seleccionados por Tosar. Diante hai sete, siete, sept, seven... pezas metálicas en forma de láminas/follas, dispostas formando debuxo, que levan facianas inspiradas nos diversos libros, sendo a central a figura do escritor espido, silueta baseada nunha coñecida fotografía dil, mera autocomplacencia privada no seu día, figura que racha coa iconografía usual do artista Acisclo Manzano. Sabemos que nos inicios do proxecto colaborou na idea o seu fillo Acisclo 'Novo', por máis que a obra fose un encargo ó vello artista dos Artistiñas, quen é o que finalmente a firma.

        Nos actos estivo Eduardo Camilo Bóveda, sobriño e afillado do escritor (na foto fálalle a Acisclo).
Foto de Miguel Ángel para/en 'La Región'.
Tomada da web da Consellería...
Edic. de L Glez.Tosar, 2007 coa foto de EBA nú.
O premio “7 Carballas” concedérono á Fundación Curros Enríquez'; Nicolás González Aller, artista plástico; Equal Sociedade Cooperativa galega, polo seu proxecto de educación ambiental dende o concello de Coles; Asociación 'Terzo da Fala' de Buenos Aires (Argentina), os descendentes de galegos que queren manter dende o idioma o vencello e azos con Galicia; Cooperativa do Ribeiro; Asociación de Discapacitados Físicos (O Carballiño), e ó diario La Región. Todos recibiron unha serigrafía especial de Pulido, dato que en La Región silénciase.


Son seis anos xa da convocatoria e tres que se fan as esculturas. Na crónica in extenso de La Región, que recibiu desta volta premio, o lugar está no concello de O Irixo. Cando a periodista agradeceu o agasallo fixoo en castelán -única en empregalo-, referíndose á nosa provincia como 'Orense' constantemente.

Maqueta/bocexo do Proxecto que presentaron Acisclo Manzano e Acisclo 'Novo' . Foi a fase 1ª.
No proxecto inicialmente presentado, era unha fraga, que foi evoluindo, o que afectou ó número daspezas, á iconografía, e a disposición final das metálicas pezas. 

Maqueta final: fai mutis a peza deitada e nace o banco que acubilla o espazo. Mais só se amosan volumes 
No ár flotaba a nova de que a Deputación de Pontevedra -que colaborou o pasado ano coa escultura de Pedro José Rdz. Álvarez-, e o Concello de Redondela 'acoden ó rescate do Premio Blanco Amor de Novela Longa', como se escribiu nos media... (agora falta que a Esgueva teña Fundación e Casa).


viernes, 21 de septiembre de 2012

Na Insua das Palabras, outra escultura de pintor

De novo, outro pintor metido a escultor, neste verán que esmorece. Cada vez máis dende comezos de 2009 (Galyarte, Santiago), o que se gen plasmado na inauguración o pasado ano da súa primeira peza monumental na Praza de Saco y Arce de Ourense (a finais de xaneiro, adicada a Obdulia Díaz y Lola Nóvoa).


ATA A ESGUEVA

Aquí na parroquia de Madarnás (Carballiño) está a 'Ínsula Barataria' de Luís G. Tosar, invento de fillo único na súa finca arbolada, espacio de soños do poeta que foi, e segue a ser, co que está a deixar a súa pegada física nun espazo lonxe do dos seus pais no concello do Irixo. A empresa cultural, coa inestimable axuda da Deputación Provincial, ben de escribir o seu IVº capítulo ou Festa da Palabra no mes de xullo pasado.

Trala inauguración o pasado ano da primeira escultura conmemorativa a unha obra poética (foron daquela os cincuenta anos de 'Nimbos' de Xosé María Díaz Castro  con unha desmesurada e pouco matizada obra de Xosé Cid) elixiron desta volta ó pintor Manuel Penín. Este, polo de agora tiña colocado tan só outra peza no Casco Vello de Ourense. Agora, dende a inspiración do poema 'Irmaus', de Celso Emilio Ferreiro en 'Longa noite de pedra'... voilà!


O autor, foto de Xesús Fariñas para La Región
O artista fai unha imaxinativa aposta nun espazo ad hoc realizado específicamente para charlar co sol no corazón ó caer a tarde, sendo tamén outro dos acertos o da colocación do texto en placa separada no balado posterior, acotando deste xeito un lugar neste monte no que Luis G. Tosar está a desenrolar a súa idea da "Insua das Palabras". O fragmento do poema reproducido é: 'Común temos a patria/ común a loita, ambos. / A miña mau che dou / como un irmau che falo'.  Mágoa que a obra está moi na liña, e no ar, da anterior... 

Foto de Santi M. Amil para La Voz de Galicia no día da IVª Festa da Palabra