O goberno municipal do Carballiño co gallo da celebración estival no ferragosto da 
Festa do Pulpo facer algo máis salientable que os predecesores na alcaldía desta volta - a nº 50- ofertando unha 
escultura que representa
 unha tallada de pulpo lista para ser degustada: unha obra ideada por 
Acisclo Novo, un dos emerxentes e máis firmes valores plásticos galegos. Dende 
Acisclonovo Atelier.
'Apadriña unha tallada' é o nome da campaña coa que pretenden achegarse -dun xeito visual e artístico- ó paradigma gastronómico par excellence da vila e do concello. A obra non chega ós 500 euros. O artista Acisclo Novo sinalou que 'este traballo ten para min un significado especial, xa que está no ADN da vila do Arenteiro'.
Para o Sr. 
Marnotes, Alcalde do Concello, deste xeito '
o festexo poderá así lembrado durante todo o ano en establecementos comerciais, industriais e hosteleiros, que incluso poden gravar o seu nome nela'.
  | 
| A tallada é de poliester, sendo o pauciño/garfo de freixo | 
Acisclo Novo comentou da súa obra que 'simboliza a solidariedade da mesma festa, xa que o xeito de xantar o pulpo cun palillo é o mesmo tratándose dun labrego, un obreiro, un empresario ou un político, é un evento sigularmente democrático'.
Agora falta o pan de Cea e o Viño do Ribeiro ! Qué aproveite !.
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario