,+junto+a+su+mujer+Mari%CC%81a+y+el+profesor+de+Historia+del+Arte+Xerardo+Fentanes,+ante+la+obra+%E2%80%9CTri%CC%81ptico+dos+peixes%E2%80%9D+(1992).+Jesu%CC%81s+de+Arcos.jpg)  | 
Alfonso Sucasas coa súa muller María e o profesor Xerardo Fentanes no día da inauguración. Detrás o “Tríptico dos peixes” (1992), foto J. de Arcos (Faro de Vigo). 
 
 | 
Chega a Vigo o pintor lalinense Alfonso Sucasas (Lalín, Pontevedra, 1940) cargado coa súa sapiencia pictórica acumulada dende 1957 a 2010. As súus obras teñen sido para min un gozo cando aínda era aun  estudante universitario en Santiago, coñecendoas 
nos anos setenta -viña de América-, e comencei a aprecialas, entusiasmándome polos temas nos que atopaba un pouso de retranca (sarcasmo?) dende un poderoso cromatismo.
Decir Lalín é dicir Festa de invierno; dende sempre ten pintado os cartafois para a "Feira de Exaltación" (sic) de esta comarca central de Galicia e do seu "
marisco de cortello": 
o Cocido. 
Coetáneos seus son 
Xaime Quessada (1937-2007) e 
José Luis de Dios (1943-2010).
                         Á par deles, que foron chamados daquela a 
Nova Figuración.
Mais non estamos dando listas e menos aínda que parezan pechadas... (
Úbeda, algo máis vello; 
Pulido, un pouco máis noviño tamén e, ...).
.jpg)  | 
| "Gilei da Chapeira", 2002. | 
Dende o seu debuxo nítido, as súas composicións cheas dunha grande expresividade nas que a líña curva reina para ofrecermos un mundo real no que latexa ese fino ar de crítica social que sempre me interesóu por alonxarse así do folklorismo ó uso. Iste gran pintor de esencias iconográficas ven sendo dende Lalín un grande xa, dende fai tempo [na base -
Laxeiro (+)-; e cun 
Lamazares ubicado nun internacionalismo formal en Berlín].
+simboliza+la+derrota.%E2%80%9CAremanz+espacio+de+arte%E2%80%9D+.jpg)  | 
| "Xogador", 1998. | 
Esta gran mostra da súa obra pode verse en Vigo, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Novacaixagalicia ata o 4 de Marzo (
despois do Entroido, na Coresma xa...).
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario