![]() |
Koi 1. |
![]() |
Posando para La Voz de Galicia diante dunha das obras. |
![]() |
Humpty Dumpty, ól. y acílico s. madera, 2010 |
Algúns dos hiperrealistas norteamericanos, como Don Eddy (Long Beach, California/U.S.A., 1944) ou Ralph Goings (Corning, California, 1928) están preto. Aínda que tamén o italiano Roberto Bernardi (Todi/Italia, 1974), artista da súa xeración. Mais o autor ten recoñecido débeda con Jeff Koons (Pennsylvania, 1955) e César Galicia, pintor este de Madrid (1957) que ten vivido en Nova York.
Miguel Piñeiro ten amosado a súa obra máis en cidades como A Coruña, onde en 2014, presentouse en Moret Art Espacio con 'In Pop we trust', sala que xa visitara outras veces, na que presenta obra cada dous anos (2012: 'Close up / bacground still life'; e 2010: 'La vida en imágenes. Alicia en el País de las maravillas', 2008: 'Instalaciones de realidad')
Logo desta sala fetiche para el, ten levado a súa obra a Santiago, en concreto á galería de José Lorenzo (2007), e tamén no Mº do Pobo Galego (2011).
![]() |
Koons tulip, 2014, acrílico y óleo s.tabla |
O escritor de orixe alaricana Alfredo Conde, que ben de acadar o premio Ateneo de Valladolid neste pasado mes de setembro pola súa novela 'El beato', acompañouno na presentación desta exposición da Galería Visol, como admirador do seu estilo.
![]() |
The velvet banana, 2014, acrílico y óleo s.tabla. |
ARTE ET ALIA.
[12.X.2015, texto do artigo en La Región]
Xabier Limia de Gardón.

No hay comentarios:
Publicar un comentario