![]()  | 
| Xulia Vicente Jiménez: "Una historia corriente", 3º Premio do Iº Certame. | 
Esta última presenta 'Una historia corriente', que se basea nos enchufes eléctricos (sic), acadou o terceiro premio. Son todos Banda Deseñada, formato histórico dende o que naceu esta forma de expresión que utilizou os diarios como medio privilexiado. Agora apenas unha viñeta, ou dúas e sempre con argumento conclusivo é o que se estila. Da calidade de todos eles fala do nivel de esixencia da novel fundación.
As 'Historias de Galiza' ocupan a parte máis ampla da exposición. Os tres volumes, que se poden consultar na sala, proxecto realizado entre 2008 e 2009 por Jerónimo Piñeiro, Juan Luis Pérez, Carlos Alfonzo Fernández Idioia de Luxán Vázquez, e Jaime Eizaguirre: eles son os debuxantes-ilustradores que seguiron os guións de Carlos Rafael Ramos. Trátase do derradeiro proxecto en cómic de Benito Losada, quen foi o seu coordinador-director.
![]()  | 
|  O artista e profesor Manolo Figueiras -da Fundación Benito Losada- fixo o trofeo de xeito non venal para o Premio. | 
Da idea inicial, da que se ven falando (clásicos contemporáneos da literatura galega: Cunqueiro, Blanco Amor, Castelao ou Fole, que chegou ó Parlamento como plan maduro... que resultou papel mollado) chegouse á realidade publicada: historias tiradas dos tempos pretéritos, dende a Prehistoria ata a nosa Historia das épocas romana e medieval. Os deseños, 'story boards', imaxes sen diálogos e follas finais, é dicir, o proceso, son o que se nos está a amosar neste mes no piso baixo do Museo Municipal. Dende a idea esbozada por Losada a Fundación que leva o seu nome debería poder finalizar o proxecto de outros dous tomos, un reto que paga a pena completar pola súa memoria, mais tamén polo que atinxe á parte plástica e temporal, xa que logo chegaría á época da Idade Moderna e Contemporánea.No andar superior están outras dúas facianas: a exposición dos traballos presentados e gañadores da convocatoria do Instituto de la Juventud e a exposición dos fanzines.
Son así estas XXV Xornadas de Banda Deseñada unha festa da ilustración e dalgúns dos contidos nos que se move estas artes sobre papel, de relevancia no audiovisual nos ultimos oitenta anos.
Con todo resulta chocante constatar cómo a morea de debuxantes ignora a riqueza de temas da veciña Catedral, na que hai moito máis que expresións de relixiosidade.



No hay comentarios:
Publicar un comentario