A revista gratuita AURIA non sairá en decembro. O derradeiro número xa foi. Graciñas ó xornal La Región pola decidida aposta nestes anos, unha década e case un lustro mes a mes de xeneroso camiñar.  
  | 
| Unha das  miñas colaboracións, en Auria 2006...  | 
  | 
| ...sobre unha escultura pública, obra de Tony Ferrer. | 
Teñen sido 175 números –un ó mes-, durante máis de catorce anos. Na etapa larga 
Antonio Piñeiro, de Celanova (Amoroce), ten sido o seu director ata o mes pasado. El estivo a pilotar a revista dez e pico anos. No seu comezo foron 
Fina Calleja e 
José Platero, quenes a puxeron a camiñar e en marcha, respectivamente, sendo con este último onde comezamos a participar nesa aventura mensual. En 2011 todo o ano seguido, e antes fixemos diversas series...
Escritores e xornalistas, historiadores e poetas -historiadores a arte como o que escribe-, profesionais dos máis diversos e variados sectores, fomos quen de ir participando dende solicitudes específicas de artigos a colaboracións free lance. Configuramos así un microcosmo ricaz e amplo sobre o outro Ourense.
  | 
| Reportaxe en Avria 2003 | 
Miguel Suárez, o maquetador, fixo que o traballo semellase un acontecemento.
O xornal La Región -e outros patrocinadores como Caixa Ourense/Caixanova-, nos regalaron a oportunidade de dar a coñecer a provincia nun formato fermoso e de calidade. Para nós. Para o mundo.
  | 
| Semella que o sol se pon nesta foto de Carlos Vázquez en Auria IX.2001, mais é o amencer dun novo día... | 
  | 
| Portada de Auria, febreiro 2002, coas luces dun Nadal que sorría. Eran outros tempos... | 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario