Páginas

martes, 22 de mayo de 2018

Maec

Pierneta sobre plaza mayor e Que os den II, no fondo.
Antonio Ángel Mariscal Gaitán (El Carpio, Córdoba, 1960) é o 'Maec’, e anda a expoñer no centro Marcos Valcércel unha mostra, 'Piernetas', inspirada ‘na peineta’, o xesto de levantar o dedo corazón cara outra persoa, acompañado de rostro e voces... o que ben sendo unha impostura, dende a grosería.




"Es una forma de representar mi descontento con las lacras que infectan la sociedad, como la corrupción. Necesitamos más honestidad", dixo como xustificación. 






Mais o asunto non da para máis quedándose na forma.


Esta é un fragmento do corpo feminino, dende as coxas ata os pés, as pernas de perfil, unha delas levantada cara atrás, como amosa nun tríptico. A muller, dende a parte polo todo.


Inseríndolle un ollo e facendo variacións coas medias de nylon, as súas cores e os fondos Maec xoga coa forma, coa que deu cando facía un debuxo erótico, mais tamén co achádeo plástico da perna, e fai frases, caso de ‘Que Os Den II’, explícita mensaxe.





Esta aparece xa en Aristófanes, dramaturgo grego do século V a.C, quen nas Nubes un dos seus personaxes levanta o dedo corazón, como símbolo fálico, dedicado a Sócrates pola súa influencia nos rapaces da ágora ateniense. Este dedo medio ten unha connotación sexual concreta, e así o explicita o poeta Marcial ao sinalar como Sextilio responderalle así a un quidam que lle chamara efeminado. Aquí en Roma era o ‘Digitus impúdicus’, ou ‘infamen’.








O artista andaluz, arquitecto de profesión matriz, tense achegado a Nova Iorque, fai uns anos para amosar as súas ideas arquitectónico-urbanísticas na zona cero do Word Trade Center, e levou a súa icona ata Manhattan. Con anterioridade expuxera na Taparía Gaia de Celanova, e na súa estadía por alí pintou as súas prazas e tamén as de Vilanova dos Infantes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario