Páginas

domingo, 20 de mayo de 2018

Manuel Penin expon en Ourense


Penín





Ben de chegar de Nova Iorque, onde fixo, segundo conta, algunha dalgunhas obras que exhibe na súa exposición "Del dedo a la llama". Son quince cadros, óleos e técnicas mixtas sobre cartón e papel, formas informes nas que a cor é protagonista. Nelas quere compartir a intensidade das súas emocións, tamén realizadas aquí e en Berlín, estadía anterior. Llama en azul, cante en verde, e o branco da ’noche’, bravas en vermello e as azuis mareas: son os nomes que lles da, e as cores dominantes. Interior, clave, flores, e floresta son as outras obras ademais dunha que prefire non titular, como adoitaba facer ata agora.


Unha das obras na Cafetaría La Coruñesa.

Con elo amosa estar nunha fase nova, como se pode comprobar poñendo as que adornan as paredes da Cafetería La Coruñesa, sita baixo o seu taller. Carpa honda, unha obra dobre que firma o pasado ano, unha suxestiva paisaxe que ben pode aludir a un acuario. As formas e harmonías das cores ofrecen unha espranza da que xorden os impulsos que fan que as persoas se transformen.

Momento da inauguración. Fala Roberto Mariño alias 'Verino'.

Así pensábao en xeral John Berger, para quen cando a arte da espranza transmútase en forza. Así tamén Machado, quen amou ‘los mundos sutiles, ingrávidos y sutiles, como pombas de jabón...’.


No hay comentarios:

Publicar un comentario