Páginas

viernes, 25 de mayo de 2018

María Lezón á voltas coa beleza


A Beleza, para Lezón



Chéganos de novo coa Galería Visol a obra de María Lezón Fernández-Hontoria, (1971, Madrid), pintora que viñera dende Málaga en 2014, coa súa obra apoiándose na historia dun avó, Ricardo Nóvoa Lezón.

caserío en primavera 
Coa exposición que trae quere reivindicar o concepto de Beleza na arte, co argumento de non querer ‘enfocarse en lo conceptual como tema primordial’ pois dese xeito ‘se convierte en elitista y marginal’, xa que logo ‘es menos accesible’.


Dende esta discutible apreciación presenta unha obra figurativa e narrativa, na que as rosas xogan un papel cromático determinante. E coas flores vai contando historias persoais, con un enfoque un punto inxenuo dende o mundo da ilustración, e claves persoais simbólicas, que se patentizan nas formas dalgunhas escenas que coloca xuntando pezas de distintos tamaños buscando dende as asimetrías unha suxestión.






Un Casarío vasco, a finca con xardín e piscina, e os seus nenos, que aparecen tamén en escenas de interior, o microcosmos dun mundo acomodado no económico, cálida e colorista mostra que expresa paixón dende a rechamante posta en escena para formar ambientes.



A influenza do cine, caso de Alfred Hitchcock, na arte Artemisia Gentilleschi, en a literatura, Vladimir Nabokov, 'Lolita' en concreto, son evasión, modelo e inspiración dunha artista formada en Canadá, con infancia en Getxto, Viscaia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario