Mar Barral, e Luis Seoane, nun pormenor da exposición. E na vitrina Ignacio Basallo (vide infra)... |
IGNACIO BASALLO e a COLECTIVA da FUNDACIÓN ARTIAGA
A obra de Tono Carbajo |
Da serie 'A linguae da Memoria', 2015. |
O conxunto comeza co 'Peto das doazóns' de Mar Barral, unha instalación cerámica dende os coñecidos chupa-chups; e segue pola Poesía en forma de libro, de Daniel Caxigueiro, escultura en gres con un burato na capa, outra ‘Fiestra valdeira’.
As fotos monocromas de Vari Caramés comparten técnica coas de Xosé Artiaga (Mondoñedo, Lugo, 1955), grandes e en aluminio, sombras de figuras a través de portas translúcidas, como aquelas presenzas das que falaba Miguel Fernández-Cid dunha exposición súa de 1990 no desaparecido Diario16.
Obra de Mauro Leivas |
As frores de Xoán Lomarti, e os Kiwis hiperrealistas de Xoán Manuel Guerreiro cos mindonienses Xosé Vizoso e Mauro Leivas, que amosan un dos seus celebrados carteis das San Lucas, as famosas festas, e, respectivamente,
unhas cerdeiras en flor a contraluz cun paxaro, achegado ao espirito das artes do leste asiático.
O gran Luís Seoane, un dos nosos clásicos, comparte protagonismo con doce xilografías, con outro, aínda vivo, Antonio López, do que se amosa un debuxo. E con eles, Mar Barral, Saudade Artiaga, Ana DMatos, Luis Fega, María X. Fernández ou Monasterio; e o santiagués Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, con un dos contedores madrileños de lixo...
Unha selección dos moitos que colaboran con Artiaga, presentada co viño do chantadino Pazo de Sabadelle, Ribeira Sacra en Lugo: así se potencia tamén, e proxecta, coa arte decote nas súas salas, exemplo que podían imitar outros pazos e adegas do Sil, pola banda de Sober e pola de Parada do Sil, Castro Caldelas e Valdeorras, ausentes polo de agora no ameto da cultura.
Ignacio Basallo, unha presenza estelar
Ten o escultor ourensán un máis que relevante protagonismo na sala con ducias de pequenas pezas en varios contedores-vitrinas, nas que amosa os seus pensamentos.
Caixa de madeira okume, cinc e cordel de cáñamo, 2001/ Caixa negra, tea metálica e escaiola, 1997 |
Amais dilo hai outras nas paredes, a modo de cadros, de madeira e papel, ás que se engaden as que pendura do teito, e as que van directamente no parqué. Esta luminosa aparición é a primeira fai entre nós logo de súa entrada a fins de 2015 na mencionada Real Academia Galega.
A plasticidade da materia nas súas mans, directamente, e co coidado das pezas que pule e ensambla, acada a canle pola que a poesía flúe dende a sutileza da escala, e o asombro do artista que está dende neno en contacto coa madeira no serradoiro, co seu pai, e o coiro. Unha poética especial teñen as obras nas que cose sobre cartón dende a máquina que era da súa nai, cosido que aparece na solitaria peza en coiro dunha vitrina.
Un xesto de xenerosidade coa substancia do conxunto e as dimensións da sala, que se materializou polo predicamento de Paco G. Bouzán, director do centro, e de Fernández-Cid.
Temos así este regalo, que nace por unha boa causa e se desfruta dun xeito especial.