Páginas

jueves, 17 de mayo de 2012

Os sonetos de Shakespeare, letras galegas

Eche o que hai, meus !
Xa o vedes: 
 Ramón Gutiérrez Izquierdo (Ourense, 1956) ven de gañar a comezos deste mes de maio o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (http://duvi.uvigo.es/). Foi pola súa traducción dos cento cincuenta "Shake-Speares Sonnets", e o longo poema "Lamento de un amante" de W. Shakespeare (Londres, 1609), editados por Edicións Xerais de Galicia (2011). 

Xa lle tiñan concedido por ela o 'Premio Luis Tobío' ao libro traducido de 2011 da Asociación Galega de Editores.

O profesor da U. Vigo, Campus de Ourense (Dpto. Filoloxía Galega e Latina), fixoa logo ó castelán para Visor libros S. L. (Madrid, 2011) a mellor -a máis completa por descontado- versión ó castelán (bilingüe). 
Xa se inclúe aquí:
                                    http://es.wikipedia.org/wiki/Sonetos_(Shakespeare) 


O inicio do famoso soneto XX é traducido

                                              “Un rostro femenino la fiel Naturaleza/
                                                te dio, señor y dueña de cuitas y quereres (...)” 

Tirado de Xerais.
"Desde moi novo comprobei a fascinación xeneralizada polos Sonetos, a súa influencia na literatura ou no cine, pero eu, que sempre me tiven por bo lector, non entendía como aqueles xeroglíficos abstrusos que lía en castelán podían ter tanta fama. Así que decidín resolver unha dúbida: ou eu non era tan bo lector ou resultaba que as traducións non eran idóneas, precisamente. Érame máis cómodo crer o segundo", asegura Ramón Gutiérrez.

Cos sonetos enamora John Willoughby a Marianne Dashwood, en Sense and Sensibility (1995, film de Ang Lee), baseado na obra homónima de Jane Austen, e que poñemos nas nosas clases.

"Una traducción rigurosa y soberbia. La espléndida versión de Ramón Gutiérrez me ha conmovido. La profundidad del pensamiento abisal, la hondura del aliento poético, la zozobra del sentimiento inacabable se desprenden tibiamente, como el río que no cesa, de los sonetos de Shakespeare", para o Académico Luis María Anson.

Foron dez anos e dende ela foi facendo a de castelán, que sae con algunhas erratas, segundo nos dixo o propio autor...

A primeira estrofa do primeiro soneto:

                                       "Queremos que procreen as belas crïaturas, / 
                                         e que non morra nunca a rosa da beleza, / 
                                         senón que cando murche, co tempo xa madura,/ 
                                         nun tenro herdeiro dela reviva e permaneza".

Pasou en castelán así: "Queremos que procreen las bellas criaturas, / y que jamás la rosa de la belleza muera, / sino que ya marchita, después de que madura, / de su memoria sea su estirpe la heredera".


As magníficas críticas son un aval, para o que non o coñeza, por máis que xa teña editado, entre outras, varias obras docentes de referencia, como estas que engadimos (ut supra et ut infra).



  

No hay comentarios:

Publicar un comentario