Páginas

martes, 15 de mayo de 2012


O martes 8 no Salón Nobre de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela tivo lugar o Acto Conmemorativo do 80 aniversario da Misa de Rosalía de Castro. Organizada por 'Foro Galicia Milenio', con Marcelino Agís Villaverde, Dr. de Filosofía da USC e o seu presidente ó fronte. Eles fan (facemos: somos un máis deste montón) esta laboura que manten a chama do Galeguismo histórico dende San Domingos de Bonaval, na capela da igrexa onde está o 'Panteón dos Galegos Ilustres'.

Saída da misa a Rosalía de Castro en San Domingos de Bonaval o 25 de xullo de 1970: Manuel Colmeiro, Ramón Otero Pedrayo apoiándose en Paz-Andrade, e Rodríguez Fraiz (cfr.http://www.valentinpazandrade.com/).
O profesor Baliñas Fernández falou do contexto histórico no que naceu. E houbo un homenaxe ós iniciadores, José Mosquera Pérez e Manuel Beiras García. A misa foi durante a ditadura franquista o motivo de exaltación galeguista, co uso da lingua propia, sendo o faro da introducción do galego na liturxia antes do Concilio Vaticano II.

Misa de 2009, co Dr. Antón Fidalgo (+) e quen suscribe
A primeira Misa en lembranza de Rosalía de Castro en San Domingos de Bonaval foi a do solemne funeral celebrado o 26 de maio de 1891, ó día seguinte do traslado dos seus restos mortais dende Iria Flavia a Santiago.
A segunda Misa foi o 29 de xullo de 1899, homenaxe do Centro Gallego de Buenos Aires. Trouxeron a coroa de bronce fundida ad hoc.


A terceira Misa, en 1932, introduce o fito diferencial, xa que logo dende entón pasarase a celebrar no Día de Galicia ou na véspera.

A Fundación Rosalía de Castro organizouna duranto moitos anos, sendo Agustín Sixto Seco o presidente, íl -eles- foron quen de transmitirnos o alento dos tempos anteriores ata os nosos. Dende 2007 tomou o testigo o Foro Galicia Milenio. Son oitenta anos desta tradición, unha das máis arraigadas da cultura galega, festexo “simbólico para toda Galicia, crentes e non”, segundo sinalou o Dr. Agís. 





Un espíritu galeguista que temos visto un ano e outro ata pouco antes da morte de Sixto Seco en 2004 cada derradeiro domingo de xuño no acto do Premio Trasalba, que se celebra na casona que D. Ramón Otero Pedrayo deixou a Galicia, representado pola Editorial Galaxia... 

Terra a nosa !


No hay comentarios:

Publicar un comentario