|
Isaac Díaz con 78 anos, dende as máns e os ollos de Antón Pulido |
"
Prendinlle na cabeza do meu fillo
unha estreliña forxada na irmandá
e quero ver brilar a lus d'esa estreliña
hasta chegar cegar.
Que vexan os demais nesa estreliña
a lus da libertá,
que vexan que o tesouro máis querido
o ten o seu brilar.
Estreliña feituca de cariños,
estrela do meu lar,
que sempre te leve como reliquia
de Terra, Dios e Nai,
xa te deixo prendida no meu fillo
por sempre endexamais"
Camilo Díaz Baliño, para o seu fillo Isaac, agosto de 1936.
|
A estrela brila no máis outo da Revista Nós (1920/1936). |
Xa
Vicente Risco no nº terceiro da
Revista Nós, -30 Decembre 1920- pubrica o artigo "
Galizia céltiga" encabezado polo debuxo dun trilito megalítico con unha estrela encima. O deseño repetirao no seguinte nº, onde continúa o artigo. Será unha idea recurrente no ámeto do galeguismo derivado das
Irmandades.
|
Eis a estrela no escudo histórico de Compostela (e tamén a que guiou os Magos, vide infra S. Apolinar nuevo)
|
O poema é reproducido hoxe polo profesor
Afonso Vázquez-Monxardín, en La Región, nun fermoso artigo dedicado a Isaac Díaz Pardo.
Antón Pulido, artista -e tamén profesor- me achega oportuna e amablemente a súa obra. Na que salientamos a forza dos seus ollos, inquedos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario