No día da súa morte (qué bendición ter compartido este tempo, dende os setenta en Santiago, e non fai tanto nun acto no salón do Simeón onde con señorío de seu agardou o retraso do poeta amigo seu que non acabada de chegar).
|
A barca de Caronte, 1955 |
Cando na inauguración da súa penúltima exposición, o 14 de Abril de 2010 -significado día para o vello galeguista republicano-, “
Xentes pinturas e tintas de Díaz Pardo”, que se exhibiu na
Galería José Lorenzo na praza do Toural en Compostela, dixo: “
Eu agora son un ninguén”.
|
Concerto de zanfoña, 1946 |
O pouco foi inaugurada na Casa da Parra de Santiago outra nova exposición, “Pinturas e Fracasos” que, dalgún xeito, o homenaxeaba...
|
Recollendo mortos, 1955 |
Pintor (ata comezos dos anos setenta), escritor de ensaios e artigos nos xornais, impulsor do Laboratorio de Formas de Sargadelos -icono de calidade de Galicia, e de compromiso creativo empresarial- con Luís Seoane, debuxante, un intelectual e galeguista histórico.
A finais de 2008 cando o fixeran fillo adoptivo de Rianxo anunciouse que a
Fundación Seminario de Estudos Galegos custodiaría o seu legado, velando pola súa divulgación. E no
Gaiás os documentos do Instituto Galego de Información: papeis do Goberno galego, correspondencias cos expatriados e manuscritos.
No
Parlamento Galego, teñen os parlamentarios, diante deles un
vitral seu. Que dende agora cada vez que levanten a vista se decaten da importancia deste patriota galego que hoxe morreu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario