Páginas

lunes, 7 de mayo de 2018

Segunda gran exposición de Moxom


Pormenor da sala pequeña da exposición: pezas da súa colección, debuxos e colaxes, una instalación...

É a segunda gran exposición de Moxom en Ourense.  E, con ella, “moXom" medra. No Museo Municipal...


De Nogueira de Montederramo é José Manuel Rodríguez Mojón (1964), ‘moXom’, tallista coñecido entre os que gustan da plástica de arte dende que fixera a exposición en 2010 no Centro Marcos Valcárcel.

Alí, no antigo Simeón, pervive a ‘muller con paraugas e bolso’ , insólita polo tamaño no que adoita traballar mais non pola combinación de estúrdiga materia vexetal e o tratamento dos sutís engadidos que potencian o xesto ata conquerir a forma buscada, á que engade policromía. 


Hai nela moito do proceder lúdico que o anima, un carácter jocoserio propio que se move con chispa no gume da súa navalla. 


Así o seu nome artístico en palíndromo, moxom, que se pode ler igual do revés.





Daquela sala emblemática o antigo debuxante de banda deseñada, que apenas tiña participado en nalgunha que outra exposición, saíu reafirmado na súa escolla. Con unha técnica pouco invasiva que procede da navalla, coa que dera en enxangar deixando o tabaco, engádelle gubias e martelos, e coas polas e troncos que recolle vai alterandoas na procura dun rostro, que pinta, e tamén o corpo.





Son obras de mulleres de canon esvelto, que se impón dende o material utilizado, e por elo nelas prevalece o movemento.



A policromía dalgunhas, ben distinta da súa, más plana e monócroma, é das mans de Maite, a súa dona, inspiración e aguillón constante, quen lles aporta outra vizosa personalidade.



Antes de chegar aquí, amosou no Ateneo de Ourense, na torre, en 2011, as súas obras; e o ano seguinte se vincula como asesor artístico ao proxecto da Editorial Eurisaces de Javier González Lamelas, conveciño de Chandrexa
de Queixa, sendo as súas obras icona dela, e unha capa de Ocultarse en una hoguera.Thomas Merton a través de sus diarios, de Ramón Cao Martínez, que saíu do prelo en 2015 e foi o número dez da colección.




En paralelo comezan a saíren, expoñendo “De boas madeiras” en 2017, no faro de Cabo Vilán, Camariñas, A Coruña.




Nas salas do Municipal, ás súas coñecidas obras de mulleres, que están sempre moi preto da artesanía de autor, engade pezas distintas, escultóricas, caso de 'Confidentes,' que vive no centro da sala grande, praxe na que abunda noutras faces, aínda que as pegue á parede. 




Con elas hai un grupo, cartaz da mostra de ‘moXom e demais familia’, xente na que unha delas berra; e escenas baseadas en cadros, caso de Friedrich... 




A da muller lendo procede dun coñecido cadro, "Habitación de hotel" de Edvard Hopper, que se pode ver en Madrid:


Velaquí un camiño a desenrolar, como fixo entre nós, Arturo Baltar. Coñece as obras de Álvaro de la Vega, Enrique Tenreiro e Tino Canicoba, ou posiblemente as de Ricardo Dávila, ao que vimos na Pobra do Caramiñal, Diego Guerrero ou do guineano Nguema, pola vía dixital da net, medio que tanto inflúe nos artistas.


Na outra sala, complementaria, aproveitaa para exhibir debuxos, colaxes e unha instalación.

Os colaxes dende a fotografía, son ocurrentes e cheos de inxenuidade. E nas vitrinas algunhas das súas primeiras obras, alfaias de seu.

Artesanía da talla directa, na base deste pintor que pensa porque debuxa os seus pensamentos,
moXom.



O seu vai sendo outro camiño. Que tal unha Tenda de Moxom e Maite...?



No hay comentarios:

Publicar un comentario