Páginas

lunes, 20 de febrero de 2017

CASARES, AS TERTULIAS E PREGO DE OLIVER


Xabier Limia de Gardón.
Na web de La Región
ARTE ET ALIA

O primeiro libro de Rosalía foi editado en 1863 por un editor vigués. En 1967, o 10 de febreiro, saiu do prelo en Vigo ‘Vento ferido’, primeiro libro de Carlos Casares. O de Rosalía de Castro era ‘Cantares Gallegos’, aínda que daquela o seu nome figuraba como Rosalía Castro de Murguía. Foi o 17 de maio daquel ano, como é coñecido porque a Real Academia Galega escolleu esa data cen anos despois para conmemorar as Letras Galegas. O de Casares, é un libro auroral, como deixa ver a cumplida dedicatoria aos pais, aos seus irmáns Merches e Xavier, e aos amigos Paco e Sira. A obra foi prohibida pola denuncia dun militar, mais vendeuse ata esgotarse, e fíxose unha segunda edición clandestina. Levantada a prohibición, acadaría once co tempo: van cincuenta anos deste luminoso camiño.




Agora, no ano que andamos, dedicaráselle atención especial á súa vida e obra, co gallo da elección para a conmemoración anual das Letras Galegas. Así o seu paso entre nós, na cidade, e no tempo de infancia e xuventude no Seminario e Beiro, bocarribeira do Miño; e logo no Liceo, xa maior, reunións, tertulias, e dende 1990 os Encontros Literarios. 


Con Anxo Xoán Rajo Pazo, na prensa local, oito días despois.





Velaquí o xérmolo do Roteiro, albiscado por Marcos Valcárcel fai dez anos (link), e realizado no mes de Nadal de 2007 con Xoan Fonseca, Bouzo e Fernando Román, ademáis de Xavier Casares e a viuva do seu irmán, Cristina Berg, entre outros ( velaquí as fotos). 

O profesor Afonso Vázquez-Monxardín, deulle corpo e outra volta ao plan dende aquela, e  fixo a posta de largo en 2014  logo dun ensaio cos seus alumni no ano anterior. E cos textos de ‘Un país de palabras’, obra de Casares na base, fixemos a posta en escea oficial dende o Liceo, con amigos, itinerario colgado na net por 'Wikiloc.com' ( velaquí o link). 











Agora, neste ano dedicado ao escritor coa axuda do Concello e da Xunta púxose en marcha e oficializou a pasada fin de semana en Ourense. 

Velahí estamos na escoita atenta de Afonso V-Monxardín diante do Parque de San Lázaro. 
NO ROTEIRO EN 2014)
En Xinzo de Limia, vila cerne da familia, Sabucedo, Lamas, Vigo, Nigrán/A Ramallosa..., iter vital que esmigallará sen dúbida Henrique Monteagudo na súa biografía, a presentar en poucas datas. 

O Parque e a Rúa Curros Enríquez a comezos dos anos sesenta


CASARES Á REDOR DE RISCO COÑECE A PREGO...


Vicente Risco na cristaleira do Hotel Parque. Á dereita Manuel Luís Acuña (?). Diante, atento e traxeado, Antonio Faílde. Á súa esquerda Pepe Conde. No fondo hai outra conversa na que está Manuel Prego de Oliver. Pouco antes de abril de 1963...
Noviño, coñeceu a Vicente Martínez-Risco, logo de gañar un premio de redacción, achegánde logo ao seu carón na cafetaría do Hotel Parque, antes de que entrasen Xocas, Faílde, Conde Corbal, ..., e o fume dos pitillos. Eran a 'Peña dos Sabios', que o xerente era Ernesto Gómez del Valle. Estaba tamén o seu cuñado Prego de Oliver, que fixera a comezos dos sesenta o mural, que ben de ser recuperado pola empresa CopaSA. 

                       Unha obra que é a testemuña do tempo das tertulias... 

O mural restaurado, peza especial da exposición na sala José Ángel Valente dedicada a Prego de Oliver.


















CASARES Á REDOR DE TORRENTE BALLESTER E PREGO

Casares, que era de escritores, acodía xa en Vigo e na Ramallosa/Nigrán, para verse en Baiona con Torrente Ballester no tempo de verán. Eran os anos oitenta, e alí, no 'Monterrey', íba tamén Prego, co que afondou a relación. 



Así, dende agora, presentaralle algunha exposición, e seralle o biógrafo para a Gran Enciclopedia Gallega. E pouco antes de morrer o artista, formará parte da mesa de notables que o acompañan na presentación dun libro no Liceo, a íl dedicado, e no que escribiu, con Torrente e Basilio Losada.



Prego, que viña de pintar, únese á tertulia do Monterrey arredor de Gonzalo Torrente, con Viqueira. Ese día fora Casares...

No hay comentarios:

Publicar un comentario