Páginas

miércoles, 24 de febrero de 2016

A ourensán Tamara Feijoo en JustMad


En Ourense viven e fai as súas obras Tamara Feijoo, que vai estes días á Feira JUSTMAD da man da Galería Marisa Marimón, abandeirada na nosa cidade da arte nova, e dos máis anovadores artistas. Esta é unha creadora que anda polos trinta, cada vez máis sólida e asentada: dous dos máis salientables artistas, entre nós das súas xeracións...


A Galería ourensá acude por terceira vez, esta semana final de febreiro, e presenta obras de dúas artistas galegas, ‘Renacer’, da viguesa Eva Díez, proxecto fotográfico-poético que contrasta escuridade e luz, con insinuacións de misterio e soidade nos planos intermedios. O proxecto, que foi premio Galicia de Fotografía Contemporánea 2015, convertido en libro foi dado a coñecer en Ourense nun acto do que dimos conta nesta columna semanal. 


Levan as galeristas as súas series ‘Accións para perdurar un instante’, ‘Nocturnos’ e ‘Xeometrías Imprecisas’. Neste abano se vese a súa evolución dende as follas de papel vello, tan escasas, e de formato pequeno, ata outros soportes como a táboa, e novos elementos expresivos, caso do pan de ouro e o gouache. 


O bodegón clásico hispano, e a pintura flamenca, teñen axudado a desenrolar os temas, nos que latexa una fonda sensibilidade explicitada dende a escala, e a modulación do espazo, que a artista abre por vez primeira dende a coloración tonal dos papeis superpostos. 

Tamara Feijoo é para elas unha escolla dende a exposición que fixera entre maio e xullo de 2014. A beleza dende o devalar do tempo. 


Esta é JustMad, feira de grande variedade, entre as outras (ArtMadrid, Room Art Fair, Drawnin Room, We Are Fair, Casa Leibniz, proxecto revelación do pasado ano) da Semana da Arte na capital do Reino con ARCO’16, na trixésima quinta edición, centro da Galaxia Arte.

Tamara Feijoo é unha gran debuxante, e deseñadora, que ven de facer a portada do último libro de Manuel Rivas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario