HAI unha árbore esquecida entre a néboa e a mudez
unha árbore sen pólas que pronuncia o teu nome.
desa voz agroma un río de palabras lentas,
transparentes
como a ollada dun neno que non pregunta,
que non pretende saber.
e dese río bebe a luz
que busca
as raiceiras tumoradas
da cegueira.
"Onde beben os cervos que amansou o calígrafo" (2013, Baldo Ramos).
No hay comentarios:
Publicar un comentario