Páginas

domingo, 30 de marzo de 2014

Uxio Novoneira, caligramas dun poeta galego


Haiku galego avant la lettre, poesía dun sentimento, caligrama. Debuxa unha emoción coas palabras, e a elas engádelle dun xeito consciente unha forma co desexo de crear dende os trazos do texto, á que lle une os montes da súa terra, no que o ceo case se toca... 

Texto caligrafiado ó que lle engade debuxo. En 1950. Uxío Novoneira. Na noite de pedra do franquismo.



                                        Velaquí o texto nº 1:


                                 'Eu 
                  son esta 
                 Coor 
                   de soidá 
                    Uxío novonoeira 
                                 1950'.

                                                              Ves a luz?

Equinocio en San Miguel de Celanova
***
nº2
No final o poeta firma e datao (1959)
Agora tócalle trascribilo... 


                                                                  ***


                                                                 Texto nº 3:
                'Bailas 
                 e faisme 
                 libre 
                 Madrid 1966'

Dedicado a Antonio Gades, bailarín.

[ o escritor deu ao prelo en 1979 'Poemas caligráficos. Vietnan canto', editado en Cadernos da Gadaña, Brais Pinto ].
                                             E agora?

                             Mmmmmmmmm...


jueves, 27 de marzo de 2014

De 'Metamorfosis'


(O de como funciona mejor una parte que el todo)
He aquí la parte:




(He aquí el todo)



                                                                   *
Finalmente un cuadro en el que motivo y técnica se aúnan en el decir y en el sentir...


(aunque el busto no haga sombra...). Elogio del marco...?




lunes, 24 de marzo de 2014

'Ás veces' (Baldo Ramos)


Ás veces fáltannos palabras
e ás veces sóbrannos.

Ás veces fáltanos o tempo de dicilas
e ás veces pásanos o tempo de calalas.

Ás veces precisamos o que xa temos
e ás veces desbotamos o alleo como se fora noso.

Ás veces mentimos inxustamente
e ás veces facemos da lei unha verdade fedorenta.

Ás veces temos boca para selar un segredo
e ás veces fáltannos oídos para aceptar a evidencia.

Ás veces un día ten 24 horas
e ás veces unha hora agocha 24 días.



Ás veces dígoche que te quero coa boca soterrada
e ás veces a terra ignora os adverbios que nos afastan.

Ás veces digo que si porque non son eu
e ás veces non son quen de negarcho.

Ás veces a choiva esvara polos meus versos ata dar cos teus ollos
e ás veces as bágoas encoradas na memoria
asulagan as terras ermas do que che escribo.

Ás veces chámote co meu nome
e ás veces contestas dende o silencio que me reclama.

Ás veces es ti mesma
e ás veces non sei quen son se ti me faltas.






sábado, 22 de marzo de 2014

En Ourense, no 'Día da Auga'

Cada 22 de marzo...


O 'Día da auga' en Ourense, coas súas (novas) iconas: Ara de REVVE ANABARAEGO, divinidad hidronínima do noroeste en xeral e do manancial mineromedicinal da Burga en particular; e o camafeo de Venus/Afrodita preparándose para o baño...



En Ourense, desta volta: Cata 




e Teatro de estilo histórico...

Déixovos do Centro de Interpretación das Burgas o parlamento de Calpurnia Abana (Monólogo), con texto de José María Eguileta Franco, Dr. Arqueólogo Municipal (adaptación teatral: Thelma-Joy Putnam; sendo a actriz Victoria Álvarez Docabo): Monólogo Calpurnia Abana Parte 1





viernes, 21 de marzo de 2014

Baldo Ramos, poeta-calígrafo




       'Abres aporta da casa 
                   que da acceso 
              ao esquecemento. 
                  Silencio roe 
     as trabes que termaron
                    da inocenciA'...
Mais o poema, completo, dí:

'Abres a porta da casa que dá acceso ao esquecemento

no seu interior o silencio roe

as trabes que termaron da inocencia



[O poema ten outro ritmo, distinto da expresión caligráfica, que é así una selección].

O poema segue así :

as sebes da memoria circundan a ollada dos corpos que amaches
para evitar os depredadores do alzheimer.

a transparencia impide a narración do fracaso.


podes ler no fondo do Orille o decálogo do exilio.


nesas palabras o tempo detén a hemorraxia do poema. 


superponse á conciencia do final,

a certeza do extravío.

E o seu ritmo, dous-un-un-un-dous, nos versos. Que se inicia un-dous... [de onde 1-2-2-1-1-1-2].

                                                                      ***

O diálogo co gravado de Carlos González Villar, é máis que salientable: un a modo de gaiola que, mais que de vimbios, podería ser de codesos ou salgueiros, debuxo a unha tinta que equilibra a icona en vertical/vermella, firma Hanko de xeito xaponés...

                                         ***


Reportaje gráfico de la inauguración de Victor J. Carbajal (más allá de la necesaria parrilla). Carlos hablando...
Cuando los artistas hablaban...
Rosendo Fdez. escribe ('Nihil colitum, nisi praecognitum'), e Ramos interrumpe,... 
               Velaquí cómo Baldo Ramos fala do tema para a crtvg: 'Onde beben os cervos que...'

                                                                            =

                                      e todo elo no día da Poesía...



jueves, 20 de marzo de 2014

Conferencia en el Liceo del Dr. Barreiro Rivas




      SI MAÑANA TE INTERESA                                      la charla    ORGANIZADA
                                                             por el   
                                       ROTARY CLUB DE OURENSE   
    
                                                    que impartirá el

                                 Dr. XOSÉ LUIS BARREIRO RIVAS 
                                                          con el título
               " El final confuso de la crisis: entre el túnel oscuro y 'la  Torre de Babel’ "                       
                                           _____________________

NOS VEMOS EN EL LICEO el 21, viernes,
desde algo antes de LAS 20 horas,
que es cuando comienza.                             Hago su presentación...




Una 

convocatoria

        a la sociedad 

                 ourensana... 

en el 
           primer 
                         día 
                 de 

Primavera  !!!





miércoles, 19 de marzo de 2014

Elvira Cuevillas, in memoriam

Fai un ano morría. Queremos lembrala dende o artigo que Afonso Vázquez-Monxardin lle fixo en La Región o 1.III.2013 na sección de Cartas al Director:

Elvira Cuevillas nun acto coa concellala Marta Arribas. Ningunha delas está xa...,
(mais esta só dexou o Concello).
'Elvira Cuevillas, esa moza elegante, coqueta, culta, afable, de cabelo curto e inmaculadamente branco, que se entretiña en espallar pola cidade adiante sorrisas amables sempre, e xuízos críticos cando cumpría, acababa de emprender a viaxe defintiva. Seguramente, seu pai, Florentino, o eixo histórico da xeración Nós, fondamente católico e de misa diaria -algo que non deu inculcado en Elvira, esta filla tamén doutros tempos e doutras ideas- aseguraría que estaría no ceo. E se cadra si. Pero en calquera caso, o lugar onde estea ela será mellor, máis divertido, que antes da súa presenza.

Elvira, filla de don Floro e dona Julia, a maior das tres irmás, Julia e Milagros as outras, pasaba xa dos noventa, pero tiña que dar a volta para que non pensases que era unha nena moderna, cos seus vestidos, os seus colares, os seus pendentes, o seu sorriso.

Na reinauguración da rúa... 
...que leva o nome...
Elvira formara parte desas mozas transgresoras de cando ninguén o era, que un día dos anos sesenta marchou por Europa, a Holanda de partida creo, pero tamén a outros sitios, exercendo de mestra de nenos, e cun mozo, José Luís o Pitolas, primo de meu pai, para escándalo da cidade conservadora. Ela, de broma, sempre me recordaba que eramos case parentes. O Pitolas non foi o único pero se cadra foi o seu grande amor.

Nos últimos anos viviu de acabalo entre o Sanxenxo tranquilo de contratemporada -o relax da natureza- e o Ourense matricial e dos encontros activos coas amigas e amigos de varias xeracións.

Vitalista apaixonada da cultura, sempre presente nas Xornadas da Filosofía de Pontevedra, nas conferencias e concertos que había na cidade, escoitando aos escritores, amigos, participando nos clubes de lectura, de cine case diario?

...do seu fai Florentino Cuevillas. LVG, 16.III.2009.
Faláballes antes de amigos de varias xeracións. Permítanme que lles conte unha anécdota que me relataba emocionado hai meses o amigo Xosé María Eguileta, motero, arqueólogo municipal, cuevillista apaixonado de don Floro, e da boa xente da Fundación Vicente Risco que tanto a mimaron. Pois contábame que un día, hai un par de anos, Elvira díxolle que lle gustaban as motos grandes. E que nunca fora nunha tan chula como a del. Despois de pensalo un pouco, e como Elvira estaba rufa, Eguileta deixoulle un casco, unha chupa de coiro e á mañá seguinte foron almorzar a Soutelo de Montes. Seica disfrutou como unha nena. Seguramente porque tivo a sorte e a sabiduría de nunca deixar de selo de todo'.
E o amigo Monxardín remataba: 'Elvira Cuevillas, Sit tibi terra levis. Que a terra che sexa leve. Por aquí, desde logo, ímoste botar de menos'.


lunes, 17 de marzo de 2014

Pórtico da Gloria Festival: conciertos monumentales y exposición de Moretón



Manolo 'o sacristán' mira a Daniel devolvéndolle o sorriso...
En paralelo, una exposición complementaria de Mani Moretón, fotógrafo oficial del Concello para este festival. Una variación hombre / escultura, con el Pórtico del Paraíso de fondo. Será la primera exposición individual en este céntrico local de usos múltiples municipal de la Rúa do Paseo...


A. York, 2011, en Santa María Nai
En esta ocasión Hopkinson Smith, guitarra barroca y técnica de virtuoso para interpretar a Gaspar Sanz y Francisco Guerau y Antonio de Santa Cruz. Mientras los focos lo iluminan arriba, en lo alto del retablo, la esplendente talla sedente de la patrona anterior al Concilio de Trento, la obra más antigua de la dieciochesca iglesia.

Este ano no Santo Anxo tamén.
La pequeña iglesia privada, realizada para la marquesa Ángela Santamarina y su esposo Isidoro de Temes, por el arquitecto Daniel Vázquez Gulías, en el primer tercio del s. XX a las entonces afueras de Ourense, hoy barrio de o Couto, y perteneciente al Colegio del Santo Ángel de las Calasancias.  Es capilla funeraria de ambos y además de la tía de ella, Dolores, obra esta de Francisco Asorey.

 Karolis Biveinis. Piano (e imaxes). 
El artista lituano interpreta sus propias composiciones.

(Tódalas fotos de Mani Moretón, da web do VIII Festival).


sábado, 15 de marzo de 2014

Ana Iglesias: 'outra realidade', fotografía pictórica

'Julia' (retrato dunha moza con sombreiro de macramé. Intimismo dende a luz do primeiro plano)

Unha visión 'do femenino' dende os ollos dunha fotógrafa que estudou químicas. Fotografía reelaborada dende a post producción informática, coa que consigue efectos visuais para achegarse así á pintura, esa luz... 
'Confidencias' (En Vilanova dos Infantes, un 17 maio).


Outra realidade
Así denomina as súas obras ‘Ana Iglesias’, fotógrafa artística. Na sala pequena do antigo Simeón, centro cultural da Deputación, trae un feixe delas, a gran tamaño. Son imaxes de efectistas luces conseguidas no estudo fotográfico, atelier dos prodixios nos que a química comparte hoxe en día espazo coas equipas informáticas para a postproducción. Mais a vella alquimia mantense. Con elas, fotos/cadros, quere mesturarse co mundo da pintura (noutras salas, Santeiro amosa estes días obras nas que teima que as pinturas semellen esculturas). E abofé que engaiola a ilusión. As obras -instantáneas, retratos, reportaxes en eventos- reflicten miraxes, espellismos, unha forma de ver, e sentir, dende o feminino, calor e agarimo. Así nunha mazá mordisqueada por unha moza da festa do 17 de maio en Vilanova dos Infantes: cor nas máns (encarnado) e nas vestimentas de liño (estofado), como si dunha talla barroca se tratase. Eis a lección de Ouka Lele, quizais, mais a imaxe da nena coloreada de Janusz Kaminski no film da ‘Schiendler list’ aboia poderosa. Nesta romaría das Letras Galegas unhas mozas fancéndose confidencias chaman a súa atención, e nun papeliño, sobor do vestido, lése ‘Residencia San Carlos. Celanova’. Así no retrato da rapaza co libro, en realidade un caderno de follas baleiras, no que escribir o camiño desta artista.


'El paraíso de Marta' . A fotógrafa estaba alí, para a postal 'teen ager'...
'Retrato con silla'. Detalle portada folleto 'Outra realidade'.
En el Centro Cultural de la Deputación de Ourense. Este mes de marzo. Efectismo complaciente con gran trabajo técnico detrás. La 'artista' pertenece a la Agrupación Fotográfica Ourensana.