Inaugurou Rosalía Pazo Maside 'Sustentando a tremoia' en Ourense fai días (bastantes:febreiro devala), e cando está a piques de rematar o seu proxecto expositivo, esvaídos os ruidos do vaivén mediático, fumos a vela. E alí, naquela tardiña, cos pasos dos alumni do Campus movéndose no exterior do edificio cara o remate de día, entre o silencio do pavillón de Alterarte... estivemos.
A artista é natural de A Estrada/ Pontevedra, onde naceu en 1956, e vive e traballa no Covelo. Trouxo para a mostra de Ourense pezas de exposicións anteriores, como a do pasado ano en Gondomar “Argumento (s) para unha farsa”, na que con ironía presentaba un traballo base deste de aquí, bastante satírico de seu, como este, no que engadiu algunha nova para conformar unha reflexión arredor da reciclaxe contra a 'mala conciencia' do cidadán-consumidor e os intereses que se moven na reciclaxe. Dende o refugallo (arandelas de latas e cartóns de leite, fíos de papel das trituradoras de documentos...) conseguido por mulleres, fixo algunha das obras, invitando ós visitantes a seguir a cadea.
Son composicións non exentas de beleza pois a artista busca harmonía e equilibrio na posta en escea dos seus productos dende os materiais reciclados -de Estetbiol de Manufactuas Pazo- que envolven no seu contexto orixinario os productos de valor: o paradoxo é que eles son agora os obxectos de consumo.
Con esta exposisición iníciase a segunda edición do proxecto expositivo 'Estado Crítico 2. 10 comisarios 10 artistas', na que os profesores da U.Vigo escollen aos artistas. Así a comisaria é desta volta Mar Caldas (Vigo, 1964), doutora en Belas Artes que dirixe a sala de exposicións de Pontevedra. Amiga da escultora, é tamén artista, traballa dende a fotografía, o video e os textos en ensamblaxe, xeito interactivo no que conincide con Rosalía Pazo.
As ilustracións ut supra están tomadas do DUVI. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario