Páginas

lunes, 24 de octubre de 2011

Premios da Crítica Galicia (editio 34)

"O xurado da modalidade de Artes Plásticas e Visuais, formado por Enrique Acuña, Antón Castro, Mercedes Rozas, Manuel Vilariño, Alfonso Penela, Jaime Asensi e Antón Sobral, que actuou como secretario, acordou outorgar o premio a Ángela de la Cruz pola súa actitude renovadora e de risco na súa linguaxe deconstrutiva coa que rompe os límites, tal como puxo de manifesto cos seus traballos e propostas de 2010".

"Camiñante entre caracochas"
A serigrafía de Antón Pulido, ut supra, foi o agasallo ós asistentes na entrega dos premios o pasado día 22 no hotel Os Escudos de Vigo, baixo o lema “Eis o canto eterno dunha terra” (verso de Lois Pereiro).

Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, abríu o acto, lembrando cómo ó longo de máis de tres décadas os Premios baseáronse no galeguismo integrador, “que nós os da Fundación recentemente anovada, renovada e ampliada concibimos como 'Fortiter in re suabiter in modo" -man forte con luva de seda-, sen confundir a luva coa man, que seguiremos ofrecendo por Galicia, sempre”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario