Páginas

miércoles, 6 de septiembre de 2017

TERRADENTRO, ARTE MAIOR DE XOSÉ BENITO REZA


XABIER LIMIA DE GARDÓN. ARTE ET ALIA.
(Na web de La Región)

As pinturas falan, e os artistas contan historias con elas. Cando son quen de insuflarlle sentimento, transmiten emocións, coas liñas, a composición e as cores. Delo tratamos nesta columna a meirande parte do ano, agás no tempo no que o Lorenzo aperta.


A fotografía e o plano a man alzada explícase dende a cuarta,
parte, que da título á obra.

No frescor da costa dei en ler ‘Terradentro de Xosé Benito Reza, e foi como estar diante dos cadros dunha exposición. 

Mussorgsky fixera xa algo parecido coa música. O descubrimento do mundo a mediados do século pasado, que nos presenta o autor celanovés nas tres historias teñen equivalencia de arte, polos matices nas cores das leiras e campos que se transforman en paisaxe.

A terra de Celanova 
A gradación de alturas, do val ata as penechairas, da súa orografía e vexetación, a súa estrutura agropecuaria, disposta nunha orde por séculos, son esencia, e non recheo.

Presentando a obra.
Elo non pode estrañar, pois o autor é enxeñeiro de montes, mais tamén un estudoso da ornitoloxía, da historia ou da astronomía, facianas que se deixan ver, e iluminan páxinas con atmosferas que engaiolan.


Deu contra Xosé Benito en 1997
do fenómeno da luz
equinoccial da capela de
San Miguel, fundada no século X.
(Foto A. Piñeiro)








  






Esta maxia débese ao ‘seu galego literario é abundancial e selecto a un tempo’, en palabras de Xosé Luís Méndez FerrínBerros no vento’ e ‘Casa grande de Ademourán’ son historias de ficción e misterio en espazos rurais. O can do alcalde’ é a terceira, e discorre nunha vila. 


A praza, co quinteiro onde ten casa. A fonte está diante dela...

Pola alameda pasean o abogado Rial e o capitán da Garda Civil.
Son aquelas unhas acaídas tramas de misterio, con un pivote que as une, o avogado Rial que con tino e sentidiño vainas desleando e resolvendo, coa axuda dun capitán da Garda Civil. As casas e os espazos, a vida cotiá das xentes do tempo do Franquismo, queda plasmado nas precisas descricións, nas que hai datos históricos e tamén arqueolóxicos.

Aquela Celanova de antes dos anos sesenta do pasado século, o tempo das novelas...


Na intriga das novelas devalan os sentimentos dos personaxes, o mundo dinámico duns protagonistas e o do pobo, máis estático. Dramas rurais, e tensións, trufadas de ironía. Para especialistas, como Ramón Nicolás, son novelas ‘abeiradas a un xénero que case denominaría como thriller rural’.




Velaquí o peso do tempo da nenez e adolescencia, xermolo da vida. A mirada de Xosé Benito Reza detense na recreación daquel tempo dos nosos maiores, dende a nostalxia que sentiu, ‘cando as portas xa non estaban abertas’, pois como dixo, ‘a súa tía Gumersinda xa morrera’. E así, deulle vida un momentiño a avoa Amadora de Vilanova dos Infantes e os sete fillos, naqueles tempos de escuridade e medos da dura ditadura coa casa de comidas, xentes fortes e rexas que encheron as terras do rural de Ourense, ou Galicia, nas súas aldeas e lugares, e que se está a esfarelar dende hai lustros diante dos nosos ollos.


Esta terra ten aquí o centro nunha vila, Celanova, innomeada conscientemente, como o velo mosteiro bieito, na que o avogado Rial ten despacho diante dunha fonte nunha praza, e un café central, dende a que se vai cara Ademourán, por Acevedo, e ‘os fondais agarimosos do río Deva, onde pousa o lugar de Remuiños’ (Redemuíños tamén)...

O autor, fai uns anos... (foto La Región).
O cabo é un cuarto capítulo, excursus persoal no que rememora a súa vida, e familia, Terradentro, realmente, pechando as paredes deste gran fresco ao xeito renacentista, cadrando o círculo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario