XABIER LIMIA DE GARDÓN.
a artigo en La Región
ARTE ET ALIA.
Ata a sala baixa do Centro Cultural chega a derradeira exposición que fixo o artista coruñés José Ramón Iglesias Rivera (1939/2016): ’La alegría del color’. Mais desta volta é póstuma..., sendo da man dos fillos a súa escolla e disposición.
Concebida para Madrid, onde a montou na sala da Casa de Galicia en abril de 2014, e xa de volta á nosa terra para amosala no Espacio de Arte de El Correo Gallego (Santiago), viaxando finalmente con ela ata o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo, na antiga capela de Santa María. De seguro que pensaba que podería amosala en Ourense, mais a morte sorprendeuno a comezos de xaneiro, cando xa pintara os ciclistas.
Vivía nunha segunda xuventude por volta do 2007 dende que recuperara a visión perdida a comezos dos anos noventa, e os ocres e azuis, en acuarela e óleo, que deixa, polo luminismo, cromatismo de tintas planas e campos de cores en bandas, sen tons, nas que manda o debuxo, insistentemente. Él mesmo deixou dito que o que facía unha ‘fusión dun clasicismo geometrizado coa abstracción, influenciado polo construtivismo’: formas planas, mesmo nos rostros, dende as tintas brilantes, un remorso das luces da forma de ver anterior.
Foi perito mercantil, profesión que deixa pola arte. Era supernumerario do Opus Dei dende os anos setenta, de cando se data o encargo do concello de Celanova para ilustrar o libro do milenario de San Rosendo en 1977, ao que seguirán outros. Logo da milagrosa recuperación da vista, monta galería propia na cidade vella herculina e desenrola nos seguintes dez anos unha nova maneira de tratar as masas dos barcos no porto, sombrillas e parasois, mais tamén paraugas, nos Cantóns ou en Riazor.
Un xeito de pintar que sin perder de vista o poder das cousas ou obxectos -a figuración- se achegou por momentos aos campos de cor que algún tipo de abstracción fixo bandeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario