Tosar acompañado de Lamazares, na inauguración do monumento |
XABIER LIMIA DE GARDÓN
ARTE ET ALIA
O celebrado poeta, nado en Buenos Aires en 1952 nun fogar galego emigrante, volta a Galicia para estudar en Vigo dende os dezasete anos, estuda Filosofía e Letras en Compostela, na USC, e licénciase en Filoloxía hispánica galego-portuguesa. Daquela se inicia na poesía, con asisados pasos, e decisión, funda a Revista Dorna..., achegándose ao firmamento dos vates con A caneiro cheo, mediados os anos oitenta, actividade na que persevera ata 1998, con silencio literario. Unha doenza súbita en 2006, e a neumonía que sege, fanlle albiscar ‘ós ollos da morte’; e da ao prelo Estúrdiga materia, en renovada ilusión por vivir deixando ronsel.
Arroupando co limiar de Méndez Ferrín, e as ilustracións de obras de Quintana Martelo, é unha obra coa se achega ao sentir do pobo dende o léxico rural. A ‘Medalla Castelao’ (Xunta de Galicia, 2005) e o Premio da Crítica de Galicia (2009), son xalóns do seu activismo cultural, coa presidencia do Centro PEN-Galicia.
Agora, logo de ser designado Académico corresponsal da Academia Argentina de Letras en España representando a Galicia, outro episodio coronario, que da con il nas ‘urxencias’ hospitalarias, fai que rexurda a vocación creativa primeira: a plástica escultórica, anterior á do estro poético.
En Vigo, no seu taller do mestre Camilo Nogueira Martínez, primeiro, e mais tarde na Escola de Artes e Oficios. É o tempo de camaradería adolescente con Antón Lamazares, entre outros, pintor que daquela se interesaba pola poesía.
As írmáns Vázquez en 2.XI.2005 con Miguel Ángel Santalices. |