Páginas

miércoles, 29 de junio de 2016

VOGANDO NOS LIBROS DE XOSÉ FERNÁNDEZ E FREI FEIJOO, OFM.

XABIER LIMIA DE GARDÓN.
O texto do artigo en La Región
ENTRE LECTURAS.

Un novo amencer no coñecemento de Vicente Risco, proteico autor da 'Xeración Nós', é o que nos propón Xosé Fernández con ‘Vicente Risco mestre de mestres’, obra que ven de obter o XXXIº Premio ‘Antón Losada Diéguez 2016’. O libro foi editado pola Deputación en 2014, coa maxia de ‘Blau’ (Miguelanxo Carvallo) na maqueta, deseño gráfico e capa, que é a reconversión da súa tese pola U. Vigo en psicopedagoxía: ‘Vicente Risco e a educación’, coa que en 2009 se doutorou, segundo a dirección da Dra. Carmen Benso Calvo.
O autor nado en Maside desenrola no amplo
volume, sete capítulos de fácil lectura dende a súa tipografía. Logo do preceptivo corpus bibliográfico, ben cumprido, ofrécese o catálogo dos artigos de Risco en xornais e revistas, da meirande utilidade para coñecer polo miúdo ao autor de ‘O porco de pé’, dende o nivel do cotiá no que escribía o ‘Libro da horas’, paradigmáticos latexos a comezos da súa filosofía vital.

Velaquí o autor (texto do DUVI)
Dende que comezara a formar parte do claustro da Escola Normal de Mestres no verán de 1916, a súa pretensión foi, como salienta o autor do estudo, ‘ensinar a todos a coñecer e amar Galicia, reconstruír a nacionalidade galega’. Logo do capítulo inicial que trata da súa vida e formación, pasa a estudar a súa visión do ensino, literatura e tradición oral, os xogos, aspectos todos que son analizados no canto do servizo da escola, para centrarse finalmente na súa acción como ‘formador de mestres’. Eis, no ronsel das eleccións políticas, e do curso lectivo que está a rematar, unha clarificadora lectura para todos.

Entrega do Premio no Pazo de Moldes, Boborás, polo presidente do Parlamento de Galicia.

'Blau' é Miguelanxo Carballo.
O autor é quen unifica as dúas entradas do artigo e post dende o deseño 
Música de Nadal

A música que é son no ar, publicase para fixar máis alá da memoria unha inspiración. A do frade franciscano Frei Manuel Feijoo (1926-1992), ourensán de Outomuro (Cartelle), que comezou nos anos sesenta do século pasado a soar, retorna logo da súa ‘Obra polifónica’ tamén convertida en libro: ‘Música de Nadal’. Está editado en Ourense por 'armonía universal' (Carlos Núñez), con deseño de 'Blau' e coordinación de Frei Enrique Mourille, sobriño seu, que firma o limiar en maio este ano que andamos. O etnomusicólogo Rico Verea abre o libro que ten un tamaño de cantoral moderno co estudo antropolóxico do frade, a quen coñecemos na nosa estadía universitaria santiaguesa: espigado e delgado, co sorriso nos beizos e a música que reflectía dende os ollos o espírito dun ser que amaba fondamente á nosa terra e á nosa lingua. 

O luns 27, no Centro Cultural da Deputación, Núñez, editor, diríxese á ampla concurrenza en castelán o que chamou a atención polo inapropiado. Aos lados os verdadeiros protagonistas frei Enrique Mourille promotor e seleccionador do elecnco publicado, e Rico, etnomusicólogo e prologuist que foi ademáis orfeonista. Ámbolos dous se expresaron en galego, o noso idioma, que vencellaba a Frei Manuel Feijoo á Nosa Terra.



Na abundante produción do musicólogo franciscano hai música sacra e tamén profana, haina para piano e tamén de solista, aínda que é a coral a máis coñecida dende o Orfeón Terra a Nosa, que fundou, co que viaxou a Lisboa, Coimbra, Porto; Essen, Colonia, Bonn, Munich, Salsburgo; París, Versalles, Luxemburgo, Amsterdam, Brujas e Bruxelas; Londres, Roma; e por América (Arxentina, Uruguay, Chile, Venezuela) gañando premios e recoñecementos (1º Premio de Polifonía, 1974 Torrevieja; 1º Premio Nacional de Polifonía 1980, Torrevieja,  2º Premio de Habaneras 1970, Torrevieja; 1º Premio de Masas Corais Galegas 1976, Lugo).

Nos textos poéticos, das súas coñecidas panxoliñas con texto de Torre Enciso, hai sempre algo de dramaturxia. Con elas, amais, hai outras: de López Abente, Ben-Cho-Shey, Alberto Camino, e súas propias, como a que comeza ‘Onte á noite nun palleiro / sobre unhas pallas e un guizo / apareceu minha xoia / o Fillo de Deus meniño’.

A harmonía da súa música é exemplo do Todo para todos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario