Páginas

sábado, 9 de abril de 2016

Xurxo Oro en CONTRAVENTO E MAREA 2.0 (E 4)

XABIER LIMIA DE GARDÓN. ARTE ET ALIA.

Xurxo Oro, work in progress.
Na 'Sala Municipal J.A.Valente' catro grandes da escultura en Galicia, Silverio Rivas que traballa en Paramos de Tui, Manuel Patinha, ferrolán, de Póvoa Santa Iria-Lisboa (Portugal), Paco Pestana, lucense de Frairía-Castroverde, e Xurxo Oro

Dende os catro cantos en que moran, volven xuntarse nun impulso nacido ao pé da Burga. E como daquela, en 1994, teñen a tutela de Rosario Sarmiento, como curadora, e Xurxo Lobato, que pon a ollada de fotógrafo.

Xúntanse para un camiño que os levará ata Lugo e Vigo, alomenos. Por Galicia, desta volta. Foi entón un fito e así está rexistrado nas biografías, acción expositiva que lles deu o empurrón. Son, todos eles, uns renovadores, de catro camiños plásticos.


  

         Con
 XURXO ORO CLARO

alaricano de Ourense.

Das Caixas de ferro con granito Porriño, sen pulir, do ano '94, ás figuras de luminosa vestimenta branca..., ou o que vai dende os obxectos ás accións e interaccións humanas.



Eis a asunción da vida dende o seu entorno, resposta do corazón de artista sensible aos dramas: na figura deitada, o cancro de mama.


Dende aquela exposición da Fundación Granell (2008), o artista ven reflexionando coas figuras penduradas, transmutadas nos explícitos valados da fronteira de Melilla: ‘Maldita Europa’ é agora un contínuum daquelo.







As próteses na gaiola xa as utilizaba na exposición de 1994 (antes de Louise Bourgeois?), esa estrutura -  cárcere que segue a utilizar aínda hoxe nesta obra (vide foto lateral) de 2016 con este significado, mais agora no contexto do escándalo da corrupción moral da vida pública...


No hay comentarios:

Publicar un comentario