Páginas

miércoles, 4 de noviembre de 2015

XULIO XIL, DENDE O CERNE DO SER GALEGO…

ARTE ET ALIA. 
3.XI.2015, texto do artigo en La Región
XABIER LIMIA DE GARDÓN.



Moito ten chovido, e non só auga, dende que Xulio Gil, fixera o seu debut en Santiago en 1974. Porque o seu non é o foto periodismo, o acontecemento, a reportaxe ou a natureza, senón a innovación temática, coas ideas a rebulir dende a polisemia material e espiritual do noso País Atlántico, Galicia. O seu alancar faino ser un pioneiro cando é premiado pola Deputación de Pontevedra, en 1985, igualdade coa pintura e escultura. En Compostela atopa o seu lugar ao redor da Prehistoria, e as artes románica e barroca, reinvención persoal, da que xurde ‘Petróglifos de Galicia’ (con Antonio de la Peña, 2009). En paralelo, o mundo feminino e un vocabulario, núas ou espidas, soas ou acompañadas, sen desbotar o masculino masculino, en parella, ou tamén só: as matemáticas da súa vida de docente, tempos de xuventude e folie. Así xurde ‘Tigres como cabalos’ (1991) coa poetisa Xela Arias, experimento rompedor que trae, en parte a Ourense. Profesor no Instituto Álvaro Cunqueiro de Vigo, cidade da súa infancia e adolescencia, creatividade explosiva con retratos e nús (Casa da Cultura, ’87), e ‘Antropolóxicas’ (Pontevedra ’88), a primeira nun Museo dun fotógrafo contemporáneo galego. E tamén o foi no firmar o libro ‘Vigo, fronteira do Alén’ con Méndez Ferrín (1989), ourensáns e docentes ámbolos dous na cidade, Xulio do Viñal (Santo Estevo de Ambía, Baños de Molgas). A teimosía de Bieito Ledo, como editor, que creeu nel, fixo o resto. Outros libros con Carlos Casares, Gª Iglesias e Lois Diéguez, o patrimonio cultural material do País para varias editoriais, as participacións no Outono Fotográfico, e diversas exposicións, teñen o recoñecemento do Premio da Crítica de Galicia, en 2013.


Esta do Centro Cultural, na súa sala principal, é un compendio da súa sapiencia compositiva e técnica, xa anticipada na capela dos Arcos en Alterarte. Na parede frontal coloca dez Diálogos entre artistas, a maioría mortos, como Xaime Quesada / AntonioQuesada; e outros nos que se funde coa senectude, como Sucasas / Arturo Baltar, Isaac DíazPardo / AntónPulido; VidalSouto / Aramburu ou FelipeCriado / Alexandro. Son unha achega dun corpus maior.

Manpaso, 2000 / Xavier Pousa, 2001. O único 'Diálogo' con tres figuras...

E coa maxia da buxaina e os bailarín no centro con ‘Trompos’ , de 2008, baile-xogo en off, do Homo ludens que somos, subimos ao balcón onde están os Nus/espidos, marabillosos de suxestións, mais plenos de concepto e significado nús, todo en branco e negro.

Unha terceira temática, trala baranda, para o que hai que rubir as escaleiras de caracol...

E con eles, de cores, os retablos, nas paredes que dan á rúa da Cruz Vermella: da Uva, da Castaña, que son o ciclo do val e do monte na Ribeira Sacra; o do Millo, e o do Pan de Cea, que personifica na panadeira, María José.


Retblo do Pan de Cea da María José
O cumio é ‘A fartura ou o Ourense das tres cousas’, aggiornamento da tradición, coas patacas no ático do retablo. Banco e segundo corpo acompañan e completan o canon da cidade, a ponte maior, a Burga e a catedral, na visión do artista fotógrafo.


Xulio, do que teño escrito que é tan de Vigo que naceu en Ourense, frase que se podería aplicar a Ledo, a Pulido,... cociña agora os seus proxectos dende unha ética de volta, liberadora sempre, apostando por ese punto de risco que lle da sentido á vida, dende distintas linguaxes, mais comunicando dende a reflexión emocións e sentimentos singulares.

Xulio Gil posa co autor destas liñas o día da presentación (foto Víctor Jesús Carvajal). Detrás o retablo do viño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario