Páginas

jueves, 15 de octubre de 2015

Miguel Piñeiro


Koi 1.
Coa superposición de planos a tridimensionalidade, co mar de fondo: esta é a habilidade dende fai uns anos de Miguel Piñeiro Pérez, que reside desde 2009 entre nos. Nacido en Vilagarcía de Arousa en 1976, artista novo gusta de traballar os xogos visuais para crear un concepto de bodegón disparatado, axeitado para os convulsos tempos.



Posando para La Voz de Galicia diante dunha das obras.
Consigue así sorprender ao espectador, dende a dúbida do engano, coa pintura acrílica en metacrilato e resina, e un fondo, elaborado recurso técnico para o que precisa construír unha caixa de madeira, caso de 'Paul & Shark' ou 'Tinta de lura'. Noutra, fai un estanque para carpas, 'Koi', ao modo xaponés, nun lavabo. Este lonxevo animal é utilizado polo seu aspecto ornamental como mascota, e dela hai asociación en España. A recepción da imaxe, aparencia e realidade, é o seu xeito de comunicar, na serie das gotas; ou a billa sobre a louza / estanque, cos seus brillos. 
Humpty Dumpty, ól. y acílico s. madera, 2010



Algúns dos hiperrealistas norteamericanos, como Don Eddy (Long Beach, California/U.S.A., 1944) ou Ralph Goings (Corning, California, 1928) están preto. Aínda que tamén o italiano Roberto Bernardi (Todi/Italia, 1974), artista da súa xeración. Mais o autor ten recoñecido débeda con Jeff Koons (Pennsylvania, 1955) e César Galicia, pintor este de Madrid (1957) que ten vivido en Nova York. 

Koi 1.





Miguel Piñeiro ten amosado a súa obra máis en cidades como A Coruña, onde en 2014, presentouse en Moret Art Espacio con 'In Pop we trust', sala que xa visitara outras veces,  na que presenta obra cada dous anos  (2012: 'Close up / bacground still life'; e 2010: 'La vida en imágenes. Alicia en el País de las maravillas', 2008: 'Instalaciones de realidad')

Logo desta sala fetiche para el, ten levado a súa obra a Santiago, en concreto á galería de José Lorenzo (2007), e tamén no Mº do Pobo Galego (2011). 


Koons tulip, 2014, acrílico y óleo s.tabla
O escritor de orixe alaricana Alfredo Conde, que ben de acadar o premio Ateneo de Valladolid neste pasado mes de setembro pola súa novela 'El beato', acompañouno na presentación desta exposición da Galería Visol, como admirador do seu estilo.

The velvet banana, 2014, acrílico y óleo s.tabla.
Neste mundo de hipermercadotecnia o traballo de Piñeiro é de equilibrista, con gran dominio dos recursos plásticos visuais, sempre figurativos, e por elo recoñecibles, para a interacción co público, dende a emoción, unha viaxe veloz pola corda floxa na que procura non mirar abaixo.

                              ARTE ET ALIA.                        
[12.X.2015, texto do artigo en La Región]
                  Xabier Limia de Gardón. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario