ARTE ET ALIA.
XABIER LIMIA DE GARDÓN.
Na traxectoria desta nova artista pódese xa salientar como en 2011, aínda estudando Belas Artes en Pontevedra, acadou o premio Xosé Manuel Eirís en Carballo. Daquela era unha foto de tres rapazas con unha bolsa na cabeza, para reflectir como se cambia en función do que as rodea. No Faro de Fisterra fixo unha exposición na que presentou varias imaxes fotográficas e pintura, de gran formato, unha mestura de técnicas tan complementarias dende fai décadas, e da que dependen moitos dos hiperrealistas de primeiro e segundo orde.
Ten feito tamén algunhas performance [como 'Trance autoinducido', 2012), podela ver Aquí], recentemente en Cuenca da ‘Representación familiar (Eu Teresa)’, co seu torso espido estampando na camiseta, imaxe coa que conseguiu notoriedade o pasado ano polo mes de maior cando presidiu con ela a mesa nas eleccións do Parlamento Europeo, ‘Estética amor-al’, que a Deputación engade no catálogo, e coa que a Búa, filla dun coñecido fotógrafo de prensa ‘documenta a performance’ (sic), do día. Fai uns meses participou en ‘Impresións carnais’ nunha colectiva de ‘Aire, centro de arte’ de Santiago.
Unha homoxénea variedade
Os outros dous premiados do podio foron "Spanische Akte (über Richter)", de Daniel Cerecedo, unha pintura con acrílico, óleo e esmalte en tela, figuras femininas núas en sobreimpresión;
e Marta López por "Picnic", unha construción con pano-mantel no que uns animaliños levan a comida pola parede adiante, e tamén no piso..., a imaxinativa ‘instalación’ ao xeito dun efémero xogo de nena
solitaria no seu cuarto unha tarde de sábado.
E como accésit desta décimo terceira edición do concurso para artistas menores de trinta anos, Marcos J. Covela por "Stock", dous espellos colocados en soportes en ángulos diverxentes; e o cadro de Diego Benéitez, "Horizonte", unha cidade no horizonte en gama de grises.

Chamaron a nosa atención a "Sonata en Re (ciclado) menor”, estantes con ladrillos e chantos
con uns cascos para escoitar..., de Rodrigo Domínguez; e o libro ilustrado sobre atril de pé de Paloma García, "Net Cult", sarcasmo e ironía. No seu interior hai imaxes manipuladas, algunhas pornográficas, outras irreverentes coa relixión.
O traballo de Lara María Díaz, ‘Entrada al hostal’, cadro no que amosa o misterio e a beleza detrás dunha composición con perspectiva rigorosa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario