Páginas

lunes, 15 de junio de 2015

PILAR ALONSO, LA VIE SANS L’AIR

                          ARTE ET ALIA. XABIER LIMIA DE GARDÓN.





Sorprende a artista viguesa dende antes de atravesar a porta da galería pola contundencia das obras que instala nos seus escaparates de amplos espazos. As notables dimensións dos  paneis, deixan ver a súa maneira de contar unha historia que está a construír exposición a exposición, centrándose na estabilidade interna do discurso narrativo. 


Resulta así ser esta exposición de Ourense na Galería Marisa Marimón un capítulo máis, que depende dunha anterior.  Aquela fase foi en Cádiz, entre 2012 e 2013. Mais cada unha ten para Pilar Alonso singularidades propias, tanto polo espazo no que se presenta, tan variado sempre, como polo tempo no que a fai. Así pode darlle a cada unha un carácter de acontecemento, na liña do ‘jeztzeit’ do filósofo Benjamin: eis o agora, aspecto único e privilexiado da Moderninade, movemento que está a devalar, mais mantense en Alonso. Así se entende lato senso a sorpresa no concepto expositivo. Paga a pena que estudantes de artes, e público, se acheguen á galería, e contemplen esta actitude pois un mundo de sensacións agarda. 


Como follas, os grandes paneis sepáranse das paredes, suxeitos por tirantes, para abrirse e crear espazos de circulación especiais, movementos controlados pola artista que dispón que a parte principal e o bastidor coa estrutura de madeira que sostén a tea poidan verse de xeito consciente. Entre capa e contra capa pérdese o unívoco do espazo renacentista, para entrar noutro de orixes barrocas, que máis alá da ondulación dunha parede, ou interior, pretende a multiplicidade dende a fragmentación, para que cada quen ache dende a súas pescudas... 


Cada visita é pois unha experiencia persoal. Como camiñar entre as grandes pezas de aceiro cor-ten do escultor Richard Serra no Guggenheim..., aínda que aquí con unha historia que contar. Un home/muller, Toni Vouluns, e unha muller fatal, Bárbara Stanwick, e unha acción violenta, un ollo que se perde e unhas bolboretas que xorden da conca baleira... nuns paneis; e noutros animais ou unha moto de grande cilindrada en paisaxes xélidos alternados con algún que semella papel pintado. 


A serie leva por nome ‘The cabinet of Cándida Stanwick’, e foi maquinada cando residía no centro Glogauair para artistas en Berlín, nos derradeiros latexos do seu anterior proxecto-serie La Diva. Dela fixo un libro de artista en 2012, tradicional medio de cultura... A casiña vermella e o corazón no escaparate, as bolboretas impresas en follas colocadas formando esculturas de papel nas paredes son significados elementos meta literarios. O concepto de xogo, o de videoxogo, non debe ser desbotado para a análise desta mostra, que leva o subtítulo de ‘La vie sans l’air’, o concepto de fermentación anaeróbica de Pasteur.

Al fondo, de pequeño formato, making off
Mais a historia, e narración, teñen tamén un ar cinematográfico, pois o nome da protagonista lembra ao da famosa Bárbara Stanwyck, nacida Ruby Catherine Stevens (1907/1990). O seu papel en ‘Perdición’ (1944), de Billy Wilder, unha interpretación memorable do cinema negro. O film é guión adaptado da relevante novela de James M. Cain que levaba por título orixinal ‘Double Indemnity’.


No hay comentarios:

Publicar un comentario