Composición do evento expositivo co emblema da Orde franciscana sobreimpresionado nunha foto antiga do claustro medieval en Ourense |
O director do Arquivo, Pablo Sánchez Ferro preséntanos a exposición... |
Así de ben o explican dende o centro arquivístico provincial.
'Con esta mostra preténdese divulgar o patrimonio documental herdado dos conventos ourensáns da Orde Franciscana, un legado pouco coñecido que permite reconstruír o pasado destas comunidades e recuperar a memoria da súa dilatada presencia na cidade de Ourense, nas vilas de Allariz, Monterrei e Ribadavia e no lugar de Trandeiras (Xinzo de Limia).
A mostra divídese en sete expositores con documentos de distintos fondos do AHPOu que reflicten a pegada franciscana na provincia: a fundación dos seus conventos, a súa importancia social e actividades durante os séculos XIII a XIX, a exclaustración e desamortización do XIX, a restauración dalgunhas comunidades a finais dese século e principios do XX e o legado arquitectónico'.
Estará aberta ata comrezos de outubro, data franciscana por excelencia.
Á dereita, entre o público, con José Luis Guede, antigo alumno ao que lle profeso unha fonda amizade, director in pectore das Xosefinas, colexio a carón da Burga. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario