Tapiado I, ól, y técn. mixta |
ARTE ET ALIA. XABIER LIMIA DE GARDÓN
Porta II, técn. mixta s. cartón |
A artista viguesa, de raiceiras ourensanas, Rut Martínez López de Castro expón na Sala Tres do Centro Cultural da Deputación de Ourense un relato plástico tomando como base a súa memoria. Eis unha reflexión persoal dende unha serie de obxectos que o tempo foi seleccionado, elementos da súa vida persoal que reinterpreta para reelaborar unha nova vida máis alá do silencio no que se achaban. Unha experiencia co pasado, que é sempre de catarsis, fragmentos de experiencias pasadas, retallos no arquivo do obradoiro que, afastados xa dos seus pasos, emitíanlle sinais, que foron estímulo. Ás veces os artistas dan en utilizar o concepto de ruina, arqueoloxía dun pasado común. Hai poetas, si, ‘Estos, Fabio, ‘ay dolor!, que ves ahora/ campos de soledad, mustio collado,/ fueron un tiempo Itálica famosa’, que axudan a elaborar acaídos versos a Rodrigo Caro dende un presente, agora xa pasado, reflexos que son sombra dos espellos, melancolía... Nos nosos días moitos dos novos artistas están instalados na rememoración deles, e gustan das instalacións, insistindo na recreación das ruínas por sí mesmas, en crave de alegoría. Buscan nelo a beleza, inane e fuxidía, do que xa foi..., mais non será, e gustan de pararse. Mais como saben moi ben os Mestres do atrezzo teatral, o ensoño permanece mentres dura a función. A vida está noutro vieiro, e no teatro fóra da sala. Para a artista non é contemplación do pasado, senon relectura/ reconstrucción dende o día de hoxe. Collaxe e ensamblaxe, co ready made de Duchamp como referencia, para buscar novos significados, co cadro sen marco como soporte, cuxos límites rebasan algunhas das pezas. Noutras obras de Rut hai outra necesidade expresiva, amosando dende a súa elaboración unha manifestación de xénero, do íntimo fiminino, afirmación de seu no control que se aprecia en toda a exposición na ordenación da sala, con un caos de elementos e formatos. Son aquelas unhas propostas de pequeno tamaño. En contraste están os óleos, que insire no conxunto, unha técnica que supón para a artista, e profesora, o reencontro con un medio expresivo. Por elo faino protagonista na portada e contraportada do catálogo/tríptico. Son as estruturas do silencio, mobiliario metálico que sae das sombras da memoria, sinais dunha vella porta, lembranzas...
Estructura del silencio I |
A mostra, segundo recoñece Martínez, supúxolle un salto coa de grabados na Casa de Galicia en Madrid, o pasado ano. O seu currículo se inicia coa colectiva de 1995 en Milán (Italia), cando o Erasmus na licenciatura en Belas Artes na Universidade de Salamanca, mais xa en 1994 tiña debutado na Casa de Cultura de Palas de Rei (Lugo).
En Vigo vive, e traballa, como docente dende a plástica na súa propia Academia 'Lápis de Buxo'; mundo da educación non formal, que a leva ata as Asociacións de Veciños ou á Escola Municipal de Artes e Oficios. No seu currículo figura tamén como profesora no colexio marista e na Universidade U.Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario