Páginas

martes, 30 de diciembre de 2014

Beléns na cidade, a 'colectiva' de cada ano


O protagonismo da tempada na cidade son os Beléns. 



Así na entrada da ampla sala do Liceo de Ourense, que chaman Aula de Cultura, con entrada pola Praza do Bispo Cesáreo (ou Alameda de arriba): o da Asociación Belenística Ourensá. Son obras que reúnen devoción, tradición e arte, no que as dotes escenográficas dos autores poñen a proba a fe. 

Nesta ocasión os Reises aparecen en carros de bois, e as casas semellan pallozas castrexas. 

Mais o espírito do Nadal queda un tanto esvaído. 







Pódese recuperar, se queremos, visitando outros, xeito clásico de proceder entre nós dende fai décadas, e que aínda se mantén. 




Así é boa idea achegarmos ao da igrexa de Santa Eufemia no oco da fachada.

Escena dos Magos, Belén de Santa Eufemia / Ourense.
Escena do Portal, coa adoración dos pastores, Belén de Santa Eufemia / Ourense.
As súas antigas e fermosas pezas se iluminan á vontade dos contempladores. Cortiza, brión... Pequeno, aínda que completo: é un clásico. Con estas pretensións está o plan do Bispado dende fai uns anos, coa Exposición dos 'Beléns do Mundo'.  

A expo do Bispado comeza á entrada das escaleiras. Foto G. Freire G., vía Facebook.


Piso outo do Bispado. Foto G. Freire G., vía Facebook






















Dando a volta ao quinteiro do Liceo, entramos no Bispado pola rúa Progreso.


O contraste do seu pobre e sinxelo mundo co reformado interior do Palazzo, luxoso e ostentoso, é rechamante.














A capela do edificio nacido para Seminario podería ser un entorno máis apropiado, coa oportunidade engadida de coñecer un pouco máis o patrimonio cultural de Ourense. O ecléctivo edificio sacro, desafectado de culto, ten a ábsida para o N. con curiosos arcobotantes como se pode ver na foto tomada dende o alto do Centro Cultural da Deputación...







Así, fomos na pescuda dun Belén particular, algo afastado do centro, na rúa Bonhome, noutrora arrabalde da cidade. Propiedade de Elisa Seijas, autora que segundo dixeran acadara cando nova primeiros premios. Eran os tempos franquistas da ‘Sección Femenina’. Está instalado no baixo dunha vivenda antiga e fechada, na que tivo unha peixaría fai anos.

Na foto de G. Freire G., vía Facebook, pódese ver á súa autora.
Damos conta do interese polo tradicional e artesanal do conxunto, desde o Facebook, no que vimos as fotos, nestes días de xuntanzas familiares, e de amigos, co gallo da familia primordial de Nazaret.

                                     [artigo do luns 29.XII en Arte et Alia / La Región]

No hay comentarios:

Publicar un comentario