Páginas

lunes, 6 de octubre de 2014

Carmen Senande e os seus 'Encravados'


Neste mes de transición chega Carmen Senande, artista coruñesa de interesante percorrido centrado na escultura. No Centro Cultural presenta a súa súa penúltima voz plástica, ‘Os encravados’, que antes estivera na Casa de Cultura de Cambre e no edificio administrativo da Xunta en Pontevedra, onde compartiu espazo con Denís Estevez. Convértese Ourense nunha etapa do seu tour, inaugurada a pasada semana: esta é a única mostra nova neste mes do centro institucional.



A temperá artista María del Carmen Senande Pazos (Santiago, 1961), fixo moi nova aínda a súa segunda exposición en Ourense en 1982, logo de que con trece anos iniciara a aprendizaxe na Escola de Oficios Artísticos e Artes Aplicadas Mestre Mateo, preparándose por varios anos para facer Belas Artes en Salamanca, onde se licenciaría. Dende aquela, xa profesora, a súa obra está a ter unha presenza pública en espazos urbanos, como en Viveiro e Cervo, ámbalas dúas en Lugo. Mais o principal da súa producción espállase pola de A Coruña: nunha praza de Culleredo, e nos entornos martítimos de Laracha, Espasante (Ortigueira), Ponte Nafonso (Outes) ou Valdoviño, Na capital fixo unha intervención artística no Paseo de Casablanca, nos Castros; e fai dez anos xa das súas ‘Dez mulleres de Hérculesdo Paseo marítimo. As estilizadas pezas, máis alá de imponderables e coxunturas coas que calquer artista ten que traballar, presentan para nós unha relación coas obras que se poden ver en Ourense no canto de resaltar aspectos dramáticos: alí é a visibilización entre San Pedro e o Portiño das mulleres que o héroe mitolóxico maltratou, engadindo a artista un efecto de laio que emana delas, axudado pola forza do vento mariño.


Aquí recíbenos unha gran figura deitada no chan, realizada con cravos metálicos soldados. As cabezas deles aboian da silueta escultórica, que semella unha osamenta. Os seus dous metros trinta conseguen o perseguido: o impacto visual, que se completa con un busto masculino doutro ‘encravado’. O alusivo á dureza da acción terrorífica dun crucificado, que sofre e morre, coa do Crucificado par excellence, icona da relixión cristiá.


Os debuxos encristalados que complementan a mostra amosan nalgún caso o tema, que tamén terá algunha relación coa dor de muller provocada polos homes, sorte de exorcismo co que apertar as caravillas do tema... Monócromos polo xeral, algún inclúe cor. Noutros son fragmentos de corpos, sendo polo xeral a figura humana o seu medio expresivo, sen poñerse límites nos materiais, cos que gusta de experimentar.


Así o amosou en vidro dende unha instalación baseada no ollo na colectiva Reflexarte que vimos no Centro Cultural.


No hay comentarios:

Publicar un comentario