Gran exposición dobre no Centro Cultural para fechar a tempada outono/primavera.
' (Manzano Nogueiras, Ourense, 1970), o seu fillo escultor en dúas exposicións distintas unidas polo vencello do sangue, e algo máis: un impulso paterno restituido coa forza da xuventude filial. E así como nas vidrieiras dalgunhas catedrais góticas medievais os Apóstolos, máis novos, levan sobre as costas ós vellos Profetas, así aquí: o fillo na pranta baixa, o pai enriba... Nas vidreiras se pinta coa cor, a luz, e a fé: tamén aquí. Acisclo de nome, os dous. Escultores, e artistas.
|
Dama de Viduedo |
|
Torso do Miño |
O pai, que anda fai meses de tempada calma, dacabalo entre o ocio creativo e demorados proxectos, como o desta dupla mostra compartida que se foi retrasando. Finalmente, Acisclo senior, ofrece unhas obras gardadas, que o tempo foi seleccionando, de exposicións pasadas, que tiñan acubillo na súa casa de Viduedo, principalmente, fillas todas da súa recoñecible biografía plástica. Agora, cando anda cos pés cansos no camiño da vida dos seus setenta e catro anos, volve a emocionarnos coa contemplación dos seus barros primixenios, cos que vai levantando, en láminas, fragmentos corpóreos femininos, rostros e torsos.
|
Torso Montealegre |
|
Abelá 2.0 |
E aparecen ademáis alfombras, colchas e manteis, para cubrir no tempo da senectude camas, pisos e mesas finxidas co seu arte, no que a imaxinación aboia en lóstregos. Ten dito que a súa obra pode concentrarse no tamaño dunha noz, resumo dun periplo que presinte cheo. Mais non!, que as madeiras agardan (comezou en abril a rebaixar un tronco na busca dunha pantasma que lle ronda...).
Acisclo junior, o maior dos tres fillos que ten o escultor, é todo impulso, e forza, para expoñer sostendo ó pai, agarimándoo no camiño coa súa macroexposición miscelánea de relatos breves. Unha viaxe, desfrutando do movemento. Síntese en conexión co pai nas ideas, comunicación escultórica ricaz e diferenciada, unha transmisión malia as diferencias conceptuais e xeneracionais. Cada obra súa é un conto, sinala, engadindo que necesita expresar conceptos. Mais esto, en arte, sempre é así, xa que logo varía a forma, dende os materiais. Algunhas son rostros de mulleres en madeira, que talla, as 'Wood girls', inspiradas en figuras concretas, obras que foi engadindo dende a inauguración nunha instalación viva...
Recupera pezas da exposición do pasado outono na galería marimón, ou da colectiva no pasado verán no museo municipal, aínda que as inclúa para outro caso, ou sucedido, reforzando unhas con outras, en adosados tripartitos (como Jacob, ous os poetas, a homenaxe a Pessoa, Van Gogh e Joyce, e á realidade aumentada na pipa, abelá ou pop corn...).As pezas máis rupturistas son o Narciso, co espello no chan baixo os pés no teito e, ó seu carón, o azul Klein rizado, con paletas combadas, tamén ata o máis alto... onde está Acisclo senior! ‘Na einai kalytero anthropo apo ton patera tou’/sé mellor home que teu pai, ou por dicilo doutra forma, coida dos teus. Fóra comeza o verán, un mundo por descobrir para os galeristas, terra incógnita dos seus mapas expositivos mentais...
No hay comentarios:
Publicar un comentario