'Viaxamos nos pasados días do tempo de Nadal na procura dunhas exposicións de arte: con paraugas, craro está, e achegámonos ata a capital da Toscana ourensá nas beiras do Arnoia para estar con Xavier Varela, que presenta obra na Casa da Cultura. O precoz artista que se chegara coas súas obras no Liceo ourensá en 1984 cando tiña catorce anos está agora na idade adulta da súa arte. No cando de presentalo na exposición do Ateneo en 2003 xa nos pareceu dono dunha técnica relevante, que confirmamos en 2006 no Centro Cultural. Delas destacamos dúas máis que notables acuarelas, acordes coa invernía da época, a dunha árbore de polas espidas, e unha paisaxe urbana: obras dun creador de relevantes atmosferas, con dominio do volume e da cor. A terceira que escollemos é a do cartaz anunciador, un debuxo con grafito na que se amosa titor dunha nova árbore, que guía con ladrillos, á espera de que chegue a primavera...'.
[Hoxe comezo así o artigo de La Región: 'Visitas médicas de arte ata Pontevedra e Allariz']
*******
O artista está tamén na colectiva de 'Arte Mud' -Fundación Vicente Risco-, 'Arrede mo!': o marco da súa colaboración -debuxo no fondo dun cristal, que semella un espello-, é de chocolate (en colaboración coa mestra reposteira Fina Rey, de Allariz).
No hay comentarios:
Publicar un comentario