Páginas

domingo, 24 de noviembre de 2013

Pulido's kermesse



Unhas corenta obras inéditas ás que mestre vigués de Bóveda (Amoeiro-Ourense) xuntou unhas 'delicatessen' do seu elenco, pinturas xa coñecidas e aínda así significadas dende o crisol do tempo -dende os anos oitenta-, que son parte da humana traxectoria entre a vida e a morte. Emocións coa abstracción por vocabulario básico, que Pulido sobrepasa con énfase de xeito expresivo (Joan Hernández Pijoan e Joan Miró, laten nas súas formas) nun proceso de descomposición controlada coas rechamantes cores acrílicas e descontrolada dende unhas sentidas pinceladas impulsivas. Mentres, no fondo, con Antón e en Antón -ergo na súa plástica-, resoa unha música de voluptuosa paixón en baixo contínuo: un concerto grosso... Nós agardamos que no seu tempo de xubilado (Missa gaudeamus) remate o seu 'scratching the surface' (rasgando a superficie), e ache luz no seu espazo vital. Mentres, como di o Salmo 100 (99) dos días festivos, 'Iubilate Deo omnis terra', mestre !

'Na penumbra do tempo', 1990, Grav., carborundum s. papel, 45 x 45 cm. 
'Sono I', 1990, ól. s./lenzo, 62 x 62 cm.



'Muller III', 1991, o. s/ l., 200 x 200 cm.
'Kermesse V', 1995, t. mixta s/l., 54 x 54 cm.
'Kermesse p3', 2013, acrílico s. lenzo, 100 x100 cm. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario