Páginas

viernes, 15 de noviembre de 2013

'Premio Ourensanía 2013' no mosteiro de Mº de Oseira


Frei Xosé Rodríguez Carballo (Lodoselo-Sarreaus, Ourense, 1953), de frade franciscano en Ponteareas, a Dr. en Estudos Teolóxicos e da Sagrada Escritura, a ser elexido polo actual Papa neste ano 2013 'Secretario de la Congregación para los Institutos de Vida Consagrada y las Sociedades de Vida Apostólica' no Estado do Vaticano (Roma-Italia). Previamente tiña ido ascendendo nos Franciscanos, chegando a ser Ministro Xeral  (2003-2013). Na catedral de Santiago quixo ser ordeado de Arcebispo de Belcastro en maio último,  (vide o post de 20 de Maio), dignidade que lle concedeu recentemente o Papa Francisco.

O 19 de maio nomeárono 'Fillo Predilecto' do seu  municipio natal, e El Correo Gallego -diario da capital de Galicia-, ben de entregarlle o premio 'Gallego del Año 2013'. Acada agora o 'Premio Ourensanía 2013', da Deputación Provincial de Ourense.

Este é pois o seu ano Annus Mirabilis !



Ante portas posan alcalde, premiado, e presidentes Xunta e Deputación, respectivamente (úlo Superior Monástico?). No relevo da portada - obra como realizada polo mestre Castro e Canseco a comezos do XVIII- a inscripción "Sacra aeremus ascetarum": hoxe e daquela, no exterior o mundo laico, e no interior o sagrado ermo dos ascetas...

A comezos de novembro a Deputación de Ourense considerouno merecente do 'Premio Ourensanía 2013', recoñecemento honorífico aos ourensáns destacados na profesión e o eido sociais ou intelectual. Este é o segundo premio individual que entrega, logo do inicio o 11.XI de 2011 con once premiados... O xurado se tiña reunido de trámite apenas uns días antes na 'Casa-Museo de Otero Pedrayo', en Cimadevila de Trasalba-Amoeiro...


O premiado diríxese emocionado aos presentes
no antigo refectorio monástico
O seu escudo leva a cruz da Orde Militar de Santiago
e o escudo de Ourense.

A entrega foi o pasado luns, 11 de novembro (XI), coincidencia buscada no día anual da celebración eclesiástica de San Martiño, patrón episcopal e da cidade. Diploma e unha pequena estatua broncínea, da autoría do escultor Xosé Cid Menor.
A Real Banda interviu no remate no patio reglar co coñecido aire marcial imprimido por Xosé Lois Foxo, o seu director, do que engadinos foto que tomamos dende o balcón sur. A outra é do seu fillo Marco, xa un reputado mestre.

Xurxo Lobato para El País (2011) conseguiu que posando no coñecido xesto franciscano da iconografía de San Francesco d'Assisi !!!,
na escaleira do convento de Santiago de Compostela.



No hay comentarios:

Publicar un comentario