“Os ángulos da brasa” é o poemario de poesía (Faktoría K de libros) que ven de acadar o Premio Nacional de Poesía 2013. É obra do serodio autor coruñés Manuel Álvarez Torneiro (1932). Noraboa !
Neste momento existo simplemente.
Simplemente respiro, ollo a árbore.
Sobrenado na calma do crepúsculo,
pronuncio este silencio, oio o profundo
corazón que non late por un intre.
Non hai unha aventura que me agarde.
Non hai can que me ladre dende un soño.
Unha man sobre a outra. O corpo como lonxe...
Habítame unha inmóbil aspiración a nada,
unha absorción de agosto.
Florezo no abandono.
Case non sei de min si pecho os ollos.
Neste momento existo simplemente.
Simplemente respiro, ollo a árbore.
Sobrenado na calma do crepúsculo,
pronuncio este silencio, oio o profundo
corazón que non late por un intre.
Non hai unha aventura que me agarde.
Non hai can que me ladre dende un soño.
Unha man sobre a outra. O corpo como lonxe...
Habítame unha inmóbil aspiración a nada,
unha absorción de agosto.
Florezo no abandono.
Case non sei de min si pecho os ollos.
Unha reflexión dende o cotián en ‘Trama de vida’, ‘Terreal e sagrado’ e ‘Tapiz de cinsa’.
No hay comentarios:
Publicar un comentario