Paul de paseo (1) |
A importancia dos feitos expréxase no ámbito cotiá, os xestos falan, e así o atento observador se vai decatando do que é, en verdade, valioso. Eis o ar, e a auga. O sabor desta é o da vida pois leva engadido o do coñecemento. Ule e percibe: fermosa metáfora a de ‘saborear as ideas’. Sabor-saber. Así se está a confirmar dende a inauguración de Miguel Karballo e Manolo Figueiras co seu proxecto expositivo ‘Entre Figueiras e Karballos’, na Galería Visol. Uns cadros-bandeira aluden á súa imaxe natural, de pé: son eles, espidos, diante de nós, e así se presentan, espello e símbolo á vez, sen trampantoxos, nun tema de grande fondura metafísica dende finais da Idade Media. Miguel e a natureza, contemplada e descrita -‘vista dos meus ollos’, precisa- dende o cumio dun monte ou diante dunha árbore, á que abraza pintandoa. Manolo e as paisaxes mentales, nunha reelaboración espacial e ideática, que conforma o fondo dun dicir, no que o artista ve a Cézanne contemplando o seu mundo que limita coa súa amada montaña de Sainte Victoire. Mais son eles os espazos onde suceden cousas: hai que abrir ben os ollos.
Paul de paseo (e 2) |
Porque a referencia cotiá de Manolo Figueiras é o límite da terra, co mar entrando pola ría de Pontevedra ata Combarro, o que non o circunscribe ata atalo, mais a dicotomía das árbores queimadas ou con froitos semella utilizala como un código binario, sendo outro dos seus fitos recurrentes ese home sombra que insire on road. Esta presenza é comunicativa dunha dialéctica persoal, como nesa obra na que reflexiona, rodeado de obras artísticas, entre unha dona e un dos seus amados gatos, sobre a acción mental confrontada coa figura lonxana dun home cun sacho. Un plantexamento vital, de proxenie culta, expresada nun ar barroco entreverado da lección de Rousseau, Le Douanier.
No hay comentarios:
Publicar un comentario